Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2017

VIDEO FIR2017

Xa tedes ao voso dispor o VÍDEO PROMOCIONAL do Festival Internacional Rebulir 2017
Presentamos o cartel da XII Edición do Festival Internacional Rebulir - FIR_2017. Toda a información na web habilitada para o FIR  www.festivalrebulir.info 

Chega a XII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL REBULIR

Xa estamos incorporando novidades a páxina web do XII Festival Internacional Rebulir. Reservade nas vosas axendas entre o 14 e 17 de Decembro deste 2017, porque o programa de actividades será ben amplo.  + Info: www.festivalrebulir.info 

HORARIOS e MATRÍCULA 2017/2018

XA TEMOS ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA  no curso 2017/2018. Desde o pasado día 29 de Setembro ata o 28 de Outubro estades en tempo para poder formalizar as vosas inscripcións nas diferentes actividades ofrecidas pola Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir.  A documentación que debedes entregar e as intruccións tédelas colgadas na sección de DOCUMENTOS desta mesma web. Para calquera dúbida a este respecto podedes escribir a rebulir@hotmail.com e contestaremos coa maior brevidade posible.  Por diante temos 10 meses de aprendizaxe e ilusión. Benvid@s a Rebulir !!!! 

REBULIR NO VI FESTIVAL NACIONAL DE FOLCLORE - MOSTOLES

O grupo oficial de Rebulir, composto por bailador@s, pandereteiras e grupo de música tradicional estará esta fin de semana participando no VI Festival Nacional de Folclore que organiza o Grupo El Miajón de Móstoles (Madrid), o cal se encadra no marco da súa Semana Cultural.  Neste encontro participan colectivos chegados de diferentes lugares do Estado, o que axudará a trazar novas relacións.  No marco desta saída haberá tempo para diversas actividades entre as que estará a visita ao Centro Galego de Móstoles, diferentes excursións, pasarrúas, convivencias...etc. A axenda será completa e productiva. Unha vez máis agardamos poder representar as nosas tradicións do mellor xeito posible. 

PROXECTO ENRAIZATE - Iniciativa Xove

Coa visita desta fin de semana a Asociación El Miajón de Móstoles, para participar da súa semana cultural, damos peche ao PROXECTO ENRAIZATE . Este conxunto de actividades que se desenvolveron durante o ano 2017 estivo financiada mediante o programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.   Desde Rebulir queremos agradecer a todos os mozos e mozas que coordinastes, participastes ou asististes as diferentes actividades, e agardamos poder contar convosco para novos proxectos. 

PREMIOS REBULIR da Cultura Galega 2017

Reunido o Xurado dos Premios Rebulir, o día 31 de Agosto de 2017, na Sede do Centro Cultural Marcos Valcarcel da Exma. Deputación de Ourense, decidiuse por unanimidade conceder os seguintes galardóns: Categoría de Música Galega: UXIA SENLLE Pola súa longa e prolífica traxectoria no eido da música galega, proxectada alén das fronteiras do noso territorio. Categoría de Cultura Galega: XOSE RAMÓN GAYOSO Por ter contribuído a difusión e a posta en valor da cultura galega desde a plataforma audiovisual que supón o programa Luar da TVG. Categoría Homenaxe: LOIS ANTÓN PÉREZ Como recoñecemento a unha vida persoal e profesional adicada a literatura galega, en e desde Ramirás.  Os Premios Rebulir de Cultura Galega están organizados pola asociación cultural que leva o mesmo nome en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Ramirás.  Dito galardón nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta

COMEZO de CURSO 2017-2018

Un novo curso está próximo a comezar en Rebulir Cultura Tradicional. E xa van 12 anos desde que comezamos a nosa andaina, pero voltamos coas mesmas ganas e enerxía de sempre, e se cabe, con máis ilusión por poñer en marcha novos proxectos! HAI QUE POÑERSE MÁNS A OBRA !!! O vindeiro Venres día 29 de Setembro teremos a tradicional presentación de horarios, profesores, actividades... etc.  Vémonos! Esperanos un novo curso!

REBULIR en ASTORGA (León)

  Este Domingo día 27 de Agosto os nosos grupos oficiais de baile e música tradicional estaremos participando no V Certame Folclórico Cidade de Astorga, que organiza o Grupo Danzas de Maragatería no marco das Festas de Santa Marta de Astorga Ali compartiremos escenario con grupos coñecidos como o Grupo Xinglar de Zaragoza, e aproveitaremos para coñecer ao grupo Aires del cabrera de Pombriego, e tamén aos anfitrións Grupo Danzas De Maragatería Astorga Seguro que será unha nova oportunidade para a aprendizaxe e o intercambio 

REBULIR EN ANDORRA E FRANCIA

Aínda que xa remataron as labores docentes en Rebulir, a actividade desta asociación non para no verán, xa que o seu grupo oficial está a preparar unha Gala titulada "O Cantar do Arriero" que será levada ao Palau Nacional de Andorra o día 20 de Xullo, para logo continuar con actuacións en diferentes festivais en Toulousse e Tyrosse (Francia) entre os días 19 e 23 de Xullo. Tamén participarán no encontro estatal de folclore que terá lugar en Astorga (León) o día 27 de Agosto. E para finalizar o verán, desprazaranse para participar unha vez máis no Festival Nacional de Folclore de Móstoles (Madrid) entre os días 29 de Setembro e 1 de Outubro. Non se pode obviar as festas e romerías nas que o Grupo de Música Tradicional Rebulir terá presenza por toda a Provincia, e mesmo fora dela. Con todo, será un verán intenso nesta asociación ramirense, que unha vez máis afronta a tempada estival cunha axenda cargada de compromisos. Podedes velo na seccion AXENDA 

ROMERIA DE REBULDEIRA de PECHE DE CURSO 2016/2017

Para darlle peche ao curso 2016/2017 como ben se merece, o vindeiro Sábado día 1 de Xullo organizaremos unha romaría no area recreativa da Pontenova, ao carón do Arnoia. Nesta estades convidados os membros, familiares, amigos e simpatizantes de Rebulir, porque do que se trata é de facer unha xornada de convinvencia e lecer en común. Para elo traemos un programa de actividades onde destaca a presenza do grupo convidado de ACF Tarambainas de Vigo e o peche da tarde coas Lagharteiras. 

Rebulir en LUAR con un microespectáculo

Asi foi o noso paso por Luar o pasado venres día 2 de Xuño. Alí presentamos este pequeno espectáculo que lle chamamos "Os primeiriños amores". Nel participamos os Grupo C, e B da escola, e o grupo de pandereteiros. Pero tamén contamos coa inestimable axuda de Arunrun Teatro. Esta é a historia de Adrián da Arrifana, que empeza a mocear con Andrea do Tellado, e para iso conta coa axuda dos seus pais e demais amigos e amigas. Mellor que o vexades vos mesmos. 

Volvemos ao RAIGAME

Un ano mais, maña 17 de Maio, estaremos na Romaria Raigame de Vilanova dos Infantes, celebrando as letras galegas como mellor sabemos facelo, con baile e música tradicional.  As nosas intervencións serán as 11:00 h. na Praza Maior e as 12 h. no Patio da Escola. 

PROGRAMA DA NOITE DE FIADEIRO 2017

Fai uns días presentábamos o CARTEL da XI edición da Noite de Fiadeiro. E hoxe tócalle o turno á programación da xornada do 13 de Maio.   Recordade que tedes toda a información desta festa na web habilitada ao efecto www.noitedefiadeiro.com  

A XI NOITE DE FIADEIRO EN MARCHA

Xa estamos ultimando todos os preparativos para a XI Noite de Fiadeiro, que este ano terá lugar o Sábado 13 de Maio. Coma sempre será en Vilavidal (Ramirás) e alí contaremos con postos de artesanía e gastronomía, animación, xogos, mostras... pero sobretodo a música e o baile non faltará.  Toda a información estará ao voso dispor na web habilitada: www.noitedefiadeiro.com  

Voltamos ao VENRESPIRAR e colaboramos con XESTREU

Este venres 10 de Marzo o noso grupo oficial de pandereteiras e os pandereteiros participarán unha vez máis no Venrespirar que terá lugar no Edificio de Ferro do Campus de Ourense .  Enmárcase dentro da programación do Sétima Edição do Festival Português Perto que se está a desenvolver esta semana no Campus. Por este motivo, levaremos algunha cantiga raiana.  Se queredes botar unha baila e facer un plan diferente o venres a noite acudide, e mesmo poderedes participar nun obradoiro de danzas lusas.  Graciñas a AC Algaravía e AOFT Gomes Mouro por convidarnos! Tamén este sábado día 11 dous dos nosos compañeiros participarán no concerto que serve de estrea do disco "Non me toques a saia" das amigas de Xestreu Pandereteiras. Este acto terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Barbadás as 20:30 h.  Parabéns as nosas amigas por este traballo discográfico, e desexámoslle o maior dos éxitos.