Desde o Martes día 30 de Xuño e ata o 8 de Agosto , un grupo de 25 rebuldeiros entre músicos, e bailadores partiremos para a Illa de Gran Canaria onde teremos a honra de facer unha serie de actuacións representando o rico folclore galego. En primeiro termo estaremos no Festival Nacional de Folclore da Illa de Gran Canaria que se desenvolve en diferentes municipios da Illa, e que está organizado pola Agrupación Estrella y Guía, sendo a súa gala central o Domingo día 4 de Agosto. Tamén cabe destacar a participación no Festival Internacional de Folclore de Ingenio, un dos máis importantes a nivel Estatal e mesmo Europeo, estando recoñecido polo organismo CIOFF, un órgano vinculado a UNESCO. A Gala central deste Festival será restransmitida por TVE, Antena 3, Televisión Canaria e Este Televisión, polo que poderedes ver o noso paso por ese festival. No seguinte enlace podedes ver o folleto deste Festival. PROGRAMA do Festival de Ingenio Temos que destacar ata as illas non so