Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2012

XA A VENDA AS RIFAS DE NADAL

XA temos a venda as rifas de Nadal. Este ano sorteamos unha GRAN CESTA DE PRODUTOS DO PAIS (Un Xamón, embutidos, queixo, licores, viño, aceite, hortalizas...). Ademáis con cada boleto xogaredes 0,10 cts ao número 94088 da Loteria do Neno.  TODO ISTO POR TAN SÓ 1,5 Euro s cada unha.  Ademáis así estaredes colaborando co financiamento das actividades que organizamos desde Rebulir. Se queredes algunha podedes contactar cos membros de Rebulir ou ben mercala no Bar do Centro Socio-cultural de O Picouto.  

VII FESTIVAL REBULIR. NOVIDADES

Na páxina web que temos habilitada especificamente para o VII Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional xa podedes consultar moitas das novidades como: Colectivos participantes, colaboradores e patrocinadores, e algunhas novas...  Velaquí vos deixamos o enlace:  http://www.festivalrebulir.com/

IMOS AO PASABODEGHAS DE VEDRA !!

O noso grupo de música tradicional xunto cunha boa representación dos nosos cabezudos participaremos do Espazo Activo da Ulla, máis concretamente na animación do Pasabodeghas que se fai en San Miguel de Sarandón (Concello de Vedra) o 27 de Outubro.  Graciñas aos amigos da Requinta da Laxeira por contar connosco, prometemos non defraudar ! Velaquí vai o cartaz e neste enlace podedes consultar máis información. 

CURSO 2012-2013

Comezamos de novo o curso e este ano con máis forza que nunca, xa que traemos novas actividades, novo material, novos proxectos, novas ideas... pero as mesmas ganas de traballar e ilusión que ata agora.  Se queredes enterarvos de todas as novidades quedades emprazad@s para o vindeiro Venres 28 de Setembro no local de Rebulir para asistir a presentación. As clases comezarán ao día seguinte, Sábado 29 de Setembro. 

REBULIR NO FESTIVAL "CIUDAD DE MÓSTOLES"

Os vindeiros 21, 22 e 23 de Setembro Rebulir representará a Galicia no Festival Nacional de Folclore "Ciudad de Móstoles" organizado polo Hogar Extremeño de Móstoles. Compartiremos escenario con grupos de Madrid, Extremadura e os propios anfitrións. 

EN ESCUDEIROS DOBRE PARTIDA

A vindeira fin de semana, tocaremos por partida dobre nas Festas de Escudeiros. O Sábado a Noite animaremos a Queimada e festa que se fará no Centro Cultural da aldea, e o Domingo de mañá faremos a Alborada, Procesión e Sesión Vermut. Asi que se queredes fartura de Rebulir xa sabedes a onde tedes que ir ... Non vale parar !! 

OS NOSO CABEZUDOS ABREN AS XORNADAS DE FOLCLORE 2012

O noso grupiño de Cabezudos   participará no espectáculo do Colectivo Castro-Floxo que sirve como apertura das Xornadas de Folclore de Ourense 2012, que se celebrará o vindeiro 6 de Agosto no Teatro Principal de Ourense. 

DE FESTA EN FESTA... CHEGAMOS AO PICOUTO

E como dicimos no encabezado, de festa en festa chegamos ao Picouto. Aquí nos poderedes ver o día da festa de Santa Ana, 28 de Xullo, acompañando a procesión e amenizando o comezo da cea. En Rebulir non vale parar !!  

SEGUIMOS CON VILAVIDAL...

Rebulir segue coas actuacións por diferentes festas da contorna. Esta fin de semana xogamos na casa, e tocaremos nas Festas do Carmen de Vilavidal. Poderedes vernos o Domingo as 12:00 h. acompañando a procesión e na sesión Vermut. 

IMOS A ROMARIA DO SAN PAIO DOS PITOS

O vindeiro Domingo 8 de Xullo as 12:30 h. teremos actuación no San Paio dos Pitos en Ramirás. Primeiro procesión e misa e posterior sesión Vermut. A festa promete bonita. Graciñas a comisión por contar connosco !!! 

MOI PRONTO NOS MELLORES TORREIROS...

Rebulir non pecha no Verán, xa que nos poderedes ver en diferentes festas como: - 8 de Xullo. Romaría do San Paio dos Pitos (Ramirás) - 15 de Xullo. Festas de Vilavidal (Ramirás) - 28 de Xullo. Festas do Picouto (Ramirás) - 1 de Setembro. Festas de Escudeiros (Ramirás) - Setembro (por confirmar datas) - Festas e Festival do Ecce Homo (Noreña - Asturias) - Setembro (por confirmar datas) - Festival Nacional de Folclore (Móstoles - Madrid)  Como vedes, non vale parar !! E seguro que irán aparecendo aínda máis saídas... 

CAMBIO SAÍDA

RECORDADE!! Que a saída prevista para o Museo do Pobo Galego e Aquapark de Cerceda quedou programada para o Sábado día 23 de Xuño co seguinte programa: 10:00 h. - Saída de Vilavidal 12:00 h. Visita Museo do Pobo Galego 13:30 h. Comida no parque de Bonaval 16.00 h - Acceso a Aquapark de Cerceda 20:00 h. Regreso para Vilavidal CONFIRMADE AS PRAZAS !!!! Quen xa pagou que diga se ven ou non e quen se queira engadir que avise. O TOPE DE PRAZAS É DE 50  

EXPLICAMOS A NOSA EXPERIENCIA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O director da nosa asociación foi convidado pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, para participar nas III Xornadas de Innovación Educativa no Medio Rural o vindeiro Mércores día 13.  Participaremos da mesa redonda "Asociacionismo e Educación Social" e na mesma explicaremos a nosa actividade como entidade con sede no Concello de Ramirás, e cunha filosofía que vai máis aló de impartir clases de música tradicional, senón como unha asociación que pretende ser un núcleo dinamizador da contorna.  Grazas aos organizadores por contar connosco.  Máis información en : https://sites.google.com/site/xornadaseducativasrural/

FESTA V ANIVERSARIO REBULIR / PECHE DE CURSO

Amigas e amigos rebuldeir@s, Como ben sabíades algúns neste curso cumprimos V anos de traballo... (e no Verán xa cumpriremos VI), e queriamos facer unha festiña para celebrar con todas as persoas que están, estiveron ou colaboraron con Rebulir neste tempo. A única data dispoñible e que ademais coincide co peche do curso son os días Venres 8 de Xuño e Sábado 9 de de Xuño. Vai ser unha festa con moito de tradicional pero tamén con unha parte lúdica importante. Para APUNTARSE as actividades debedes reservar e PAGAR antes do día 6 de Xuño no local de Rebulir ou ben por ingreso en conta bancaria. VENRES día 8 de Xuño  FESTIVAL de Peche de curso CEA DO V Aniversario (camiño do VI) no Restaurante O Retiro de Vilavidal. Esta cea é aberta a tod@s os membros, amigos e familiares de Rebulir. Menú (12 Euros) - Embutidos e queixo - Empanada - Churrasco con patacas - Ensalada - Postre - Auga, Refrescos e Viño - Licores Menú d@s nen@s (8 Euros) - Embutidos e queixo

AGORA TAMÉN NO TWITTER...

Desde fai uns poucos días, Rebulir tamén está no Twitter, podedes seguirnos en @RebulirEBMT Outro espazo máis para que podades ver os nosos movementos... 

VENRESPIRAR 2012

Voltaron os Venrespirar a cidade das Burgas,  e este día 31 de Marzo tócanos aos rebuldeiros poñer parte da música, e Alexandre Sotelino levará o Baile.  Animádevos a pasarvos O Venres  a partir das 22:30 h.  pola tetería Grandola de Ourense. Graciñas aos compañeir@s de Algaravía e AOFT Gomes Mouro polo convite, sempre é un pracer !!! Aló nos vemos que promete boa !! 

VI NOITE DE FIADEIRO

Presentamos a páxina web da VI NOITE DE FIADEIRO onde xa imos tendo algunha información desta edición da festa.  www.noitedefiadeiro.com   Ide reservando a data do 28 de Abril nas vosas axendas festeiras !!!

REBULIR EN A SOLAINA (TVG)

O Vindeiro Mércores día 1 de Febreiro unha pequena pero digna representación de Rebulir (4 músicos e 2 bailadores) estaremos no programa A Solaina da Televisión de Galicia. Este Magacine emítese diariamente as 18:00 h, e está presentado por Beatriz Manjón e Sevi Martínez. 

VI NOITE DE FIADEIRO. Convocatoria

Estimadas/os amigos/as, A VI edición da Noite de Fiadeiro está en marcha. O derradeiro Sábado de Abril, este ano día 28, voltaremos a xuntarnos en Vilavidal (Ramirás). Desta vez tentaremos incluír máis novidades, para que a festa non se estanque. Deste xeito, durante toda a xornada teremos animación, teatro, artesanía, gastronomía, xogos, obradoiros... etc; pero o acto central chega pola noitiña cando músicos, bailadores, cantador@s... xúntanse no torreiro para disfrutar dunha noite de música tradicional como se facía antano.  Se vos presta vir a participar da festa como grupo/colectivo de música tradicional mándádenos os seguintes datos: * Nome do grupo * Tipo de Grupo (cantareiras, gaiteiros, murga...) * Número de participantes * Lugar de procedencia * Persoa de contacto * Teléfono de contacto * Enderezo electrónico * Páxina web Nesta edición tentaremos darlle impulso a feira de productos artesáns, neste caso a ficha sería a seguinte: * Nome do posto: * Nome da persoa/s respons

ACTUACIÓN NA CAÑIZA (Pontevedra)

O Vindeiro Sábado 21 de Xaneiro actuaremos a eso das 17:30 h. en A Cañiza (Pontevedra) no marco da I Xornada Gastronómica da Caza. Compartiremos escenario con grupos como Os Furafollas de A Cañiza ou Castro-Floxo de Ourense. Ata alí nos desprazaremos o Grupo de Medianos da Escola, O Grupo de Adultos, Cantareiras e Grupo de Música Tradicional, para facer unha actuación de arredor de 20 min. 

CAMBIO ÚLTIMA HORA

Compañeir@s, no vindeiro mes a profesora de Percusión Pilar Gonçalves non poderá impartir as clases. Así, que desde este Sábado asumirá as clases de xeito temporal SANDRO SOTELO, recomendado pola propia Pilar. Sandro pertence ao grupo Lembranzas da Ría, e ten impartido clases de percusión tradicional en diferentes escolas. Sandro, Benvido a Rebulir!!