Ir al contenido principal

VI NOITE DE FIADEIRO. Convocatoria

Estimadas/os amigos/as,

A VI edición da Noite de Fiadeiro está en marcha. O derradeiro Sábado de Abril, este ano día 28, voltaremos a xuntarnos en Vilavidal (Ramirás). Desta vez tentaremos incluír máis novidades, para que a festa non se estanque. Deste xeito, durante toda a xornada teremos animación, teatro, artesanía, gastronomía, xogos, obradoiros... etc; pero o acto central chega pola noitiña cando músicos, bailadores, cantador@s... xúntanse no torreiro para disfrutar dunha noite de música tradicional como se facía antano. 

Se vos presta vir a participar da festa como grupo/colectivo de música tradicional mándádenos os seguintes datos:

* Nome do grupo
* Tipo de Grupo (cantareiras, gaiteiros, murga...)
* Número de participantes
* Lugar de procedencia
* Persoa de contacto
* Teléfono de contacto
* Enderezo electrónico
* Páxina web

Nesta edición tentaremos darlle impulso a feira de productos artesáns, neste caso a ficha sería a seguinte:

* Nome do posto:
* Nome da persoa/s responsable/s:
* Teléfono/s de contacto:
* Lugar/enderezo de procedencia: 
* Tipo de producto/s para vender:
* Tamaño aproximado do posto: 


(a organización resérvase o dereito de seleción dos postos, conforme a filosofía da festa)

Estes datos podedelos enviar ao enderezo electrónico rebulir@hotmail.com ou ben por correo a:

Asociación Cultural Rebulir
Praza de San Andrés s/n. Vilavidal
32810 - Ramirás (Ourense)

DATA LÍMITE: 31 de Marzo de 2012

En canto o enviedes, respostaremosvos coas condicións. Para calquera dúbida o noso teléfono é 639 908 005.

APUNTADE A DATA DO 28 DE ABRIL NAS VOSAS AXENDAS FESTEIRAS !!! QUE CHEGA A VI EDICIÓN DA NOITE DE FIADEIRO !!!

Comentarios