Ir al contenido principal

EXPLICAMOS A NOSA EXPERIENCIA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


O director da nosa asociación foi convidado pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, para participar nas III Xornadas de Innovación Educativa no Medio Rural o vindeiro Mércores día 13. 


Participaremos da mesa redonda "Asociacionismo e Educación Social" e na mesma explicaremos a nosa actividade como entidade con sede no Concello de Ramirás, e cunha filosofía que vai máis aló de impartir clases de música tradicional, senón como unha asociación que pretende ser un núcleo dinamizador da contorna. 

Grazas aos organizadores por contar connosco. 


Máis información en :
https://sites.google.com/site/xornadaseducativasrural/

Comentarios