Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2011

FESTA DE PECHE DO CURSO

Como vedes pechamos o curso 2010/2011 cunha festa por todo o alto, onde os alumnos das diferentes actividades que en Rebulir se ofertan terán tempo para demostrar o aprendido nestes meses. Logo todos xuntos comeremos e beberemos, pra repoñer forzas de cara a un broche de luxo co concerto de MINI E MERO, fundadores de Fuxan os Ventos e Membros de A Quenlla. Tras esta festa un nutrido grupo de Rebuldeiros desprazaremonos ata Maceda, para troulaear cos amigos que organizan o seu Serán. Así que como vedes a xornada promete longa. QUEDADES CONVIDAD@S !!!!

NOVA XUNTA DIRECTIVA

Tras as eleccións internas celebradas na Xornada de hoxe, Sábado 11 de Xuño de 2011, a lista gañadora e polo tanto que asumirá as competencias directivas da Asociación Cultural Rebulir, resulta a composta polas seguintes persoas: Dirección: D. Alexandre Sotelino Losada Subdirección: D. Celso Iglesias Pereira Secretaría: Dna. Concepción Ferreira Vieiro Tesoureira: Dna. Susana Durán González Vogal 1: Dna. Ángela González Amoeiro Vogal 2: Dna. Lucia Teixeira Ferreira Vogal 3: Dna. Sandra González Sousa Vogal 4: D. Alfonso Pateiro Álvarez Esta nova Xunta asumirá os seus cargos na Sesión Extraordinaria que se celebrará o Sábado 25 de Xuño.

NAS FESTAS DO SAN ANTONIO DE O VISO

O vindeiro Domingo día 12 de Xuño, desprazaremonos ata o pobo de O Viso (Ramirás), para festexar con eles as tradicionais festas do San Antonio. A actuación será completiña, As 19.30 h . Os nosos Cabezudos pasearán polas rúas do Pobo acompañados do Grupo de Música Tradicional As 20:00 h . O grupo Rebulir bailará uns bailes no torreiro da Festa dando paso a unha sesión participativa de baile amenizada polo noso grupo de Cantareiras e o Grupo de Música Tradicional. Desde aquí queremos felicitar a comisión de festas polo completo programa que presentan, e animar a todo o mundo a asistir a estas festas que nunca decepcionan ao visitante. .