O vindeiro Domingo día 12 de Xuño, desprazaremonos ata o pobo de O Viso (Ramirás), para festexar con eles as tradicionais festas do San Antonio. A actuación será completiña,
As 19.30 h. Os nosos Cabezudos pasearán polas rúas do Pobo acompañados do Grupo de Música Tradicional
As 20:00 h. O grupo Rebulir bailará uns bailes no torreiro da Festa dando paso a unha sesión participativa de baile amenizada polo noso grupo de Cantareiras e o Grupo de Música Tradicional.
Desde aquí queremos felicitar a comisión de festas polo completo programa que presentan, e animar a todo o mundo a asistir a estas festas que nunca decepcionan ao visitante.
.
Comentarios
Publicar un comentario