20 jun. 2011

FESTA DE PECHE DO CURSO


Como vedes pechamos o curso 2010/2011 cunha festa por todo o alto, onde os alumnos das diferentes actividades que en Rebulir se ofertan terán tempo para demostrar o aprendido nestes meses. Logo todos xuntos comeremos e beberemos, pra repoñer forzas de cara a un broche de luxo co concerto de MINI E MERO, fundadores de Fuxan os Ventos e Membros de A Quenlla.

Tras esta festa un nutrido grupo de Rebuldeiros desprazaremonos ata Maceda, para troulaear cos amigos que organizan o seu Serán. Así que como vedes a xornada promete longa.

QUEDADES CONVIDAD@S !!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.