Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2010

PEQUENAS VACACIÓNS

Despois desta fin de semana por Tordoia (A Coruña) agora toca descansar un pouco, que creo que ben nolo merecemos. Será en Setembro cando retomemos con dúas citas moi importantes como son : - 11 e 12 - Encontro Internacional de Folclore Xuvenil de Cacia-Aveiro - 17, 18, 19 e 20 - Encontro cultural en LLangreu (Asturias) Aínda así non estaremos parados de todo porque o III Concurso de Fotografía Antiga segue en vixencia ata o 30 de Agosto.

IMONOS A PONTRAGA - TORDOIA

Outro ano máis voltamos a Romaría Galega que @s amig@s de Brisas do Quenllo organizan o 17 de Xullo na Pontraga (Tordoia - A Coruña). Compartiremos escenario con grupos ben coñecidos como son Retrouso de Cela (Bueu) ou a Escola Etnográfica de Cacia (Aveiro - Portugal). E xa a noite e coa barrigola chea estaremos dispostos a botar unhas bailas coas Bouba, Flor da Maquía, Os Estoupapozas e Muxarega. Será un pracer voltar por esas terras onde tan ben nos acolleron o pasado ano, e onde coñecimos xente tan festeira. Graciñas polo convite!!

REBULIR NA REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

A Revista Galega de Educación adica o seu número 47 a Música Tradicional. A publicación editada por Nova Escola Galega, contou para este exemplar coa colaboración de persoas de recoñecido prestixio no ámbito como son: Guadi Galego, Luis Prego, Pablo Carpintero, Antón Castro, Xaneco Tobio, Baldomero Iglesias (Mero), Tiano Labraña, Paulo Nogueira, Magoia Bodega... entre outros moitos. No apartado de Escola Rural, adicase un artigo a nosa escola que leva por título: "Rebulir", unha experiencia en Ramirás, e foi escrito por Alexandre. Nel faise referencia ao traballo pedagóxico, social e cultural que estamos a desenvolver. No seguinte enlace podedes ver o sumario da Revista. . - Revista Galega de Educación. Número 47. . Desde aqui queremos agradecer a Nova Escola Galega por ter contado con nós para esta publicación.