Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2010

CARA A IV NOITE DE FIADEIRO

Ide apuntando a data. Como todos os anos polo derradeiro Sábado de Abril, este ano día 24, chega a Ramirás a Noite de Fiadeiro, que este ano chega a súa IV edición. Intentaremos ampliar o programa a toda a Xornada facendo fincapé no acto central que é a noitiña co maior número de participantes posibles. OFERTA DE GRUPOS. Se algún grupo de música tradicional ten interese en vir a tocar/cantar a Ramirás, cubride os seguintes datos * Nome do Grupo: * Teléfono de Contacto: * Enderezo: * Correo Electrónico: * Número de Compoñentes: Estes podedes envialos ao noso correo electrónico rebulir@hotmail.com ou ben por enderezo postal a A.C. Rebulir Praza de San Andrés s/n. Vilavidal 32810. Ramirás - Ourense A data límite para a oferta de grupos situámola o 5 de Marzo. Se tedes algunha dúbida o noso teléfono é 639 90 80 05 .

HOMENAXE A UN GRANDE.

Hoxe adicamos o noso blog a Xosé Méndez, máis coñecido como Morgan, que nos abandonou na tarde de onte. Membro do Orfeon Treixadura, Cantigas e Agarimos e Os Estalotes. Foi un dos impulsores das Estalotadas en Compostela, ademais de ser un asiduo a foliadas e festas varias. Con el perdemos un dos grandes da Música Tradicional galega. Sempre serás un grande!

AVALIACIÓN DO NADAL.

Xa rematada a programación de Nadal, agás a Exposición "Unha Ollada ao pasado. Fotografías Antigas de Ramirás" que estará exposta ata o Sábado día 9; agora toca facer avaliación. Creo desde Rebulir nos podemos sentir orgullosos de como resultaron todas as actividades con un gran número de participantes e unha visión máis que positiva desde a organización. . O IV Festival Rebulir foi felicitado e alagado por todos os grupos participantes sen excepción, e para mostra un botón do que din desde Asturias, pinchade aquí . Nós aproveitamos para agradecer de novo a súa presencia en Ramirás. . A Foliada, Exposición e Obradoiro de Bailes Agarrados Tradicionais tamén tiveron unha gran aceptación, o cal nós anima a seguir con este tipo de iniciativas. . E por último a recuperación dos cantos de reis e visita dos Magos de Oriente, foi moi ben valorada polos veciños de Ramirás que abriron as súas casas e os seus petos, para recibir esta manifestación tradicional que xa parecia esquecida. .

VISITA REAL E CANTOS DE REIS

O Vindeiro Martes día 5 as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente percorrerá o Concello de Ramirás, saíndo as 16.30 h desde a Praza de San Andrés e visitando en primeiro lugar a residencia da terceira idade de O Mosteiro onde entragarán os agasallos aos residentes. Logo percorreran os diferentes pobos para acabar de novo na Praza de San Andrés onde recibirán aos nenos escoitando as súas peticións e obsequiándolle con doces. Serán acompañados por músicos e cantadores que entoarán cantos de reis e outros temas nos diferentes puntos onde se pare. Deste xeito recupérase a tradición de pedir o aguinaldo polas casas.