19 feb. 2008

BOA ACOLLIDA ... E SEGUINTES DATAS

Tras a boa acollida no II Serán de Maceda, onde nos trataron estupendamente e o cal lle agradecemos os nosos amigos Chouteiros, Debanadoira e MaÇaeda da Limia asi como o Concello de Maceda. Diremos que as actuacións non rematan aqui polo momento as vindeiras dastas confirmadas son o 17 de Maio na Romeria Raigame de Vilanova dos Infantes e o Encontro Internacional de Folclore da vila de Cacia - Aveiro ( Portugal ) en Setembro, esperamos que saian algunhas actuacións máis durante o ano.

Aproveitamos para dicirvos que xa están colgadas algunhas das fotos desta actuación, esperemos ter algunha máis en breve das que sacaran os pais, xa que a nosa cámara acabouselle a bateria no autobús e no seguinte enlace podedes ver as fotos sacadas pola xente da AOFT Gomes Mouro - FOTOS AOFT - e tamén as fotos publicadas na páxina do Concello de Maceda - FOTOS CONCELLO MACEDA - Para complementar todo este material fotográfico poñemos a continuacion un vídeo do momento dos pinchos do serán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.