Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta raigame

X ROMARIA RAIGAME / Homenaxe Castro Floxo

Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame , en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facían os nosos devanceiros nas antigas Romarías. Nós, habituais da festa, non nola perderemos e teremos a nosa interveción (programada), as 12:30 e as 13:00 horas na Praza Tralacerca e Plaza Maior da Vila respectivamente. Para logo seguir animando cos nosos instrumentos e canticos varios outras prazas e tabernas durante toda a xornada. Este ano cumprense X anos desde a primeira cita, e para iso o grupo Castro Floxo sintetizará nun espectáculo a xeito de homenaxe o que é Romaría. Deste xeito, aparecerán no escenario as múltiples esceas que identifican a Romaria: A música, o baile, os artesáns, os xogos, animación de rúa... ...

IMOS A ROMARÍA RAIGAME 2010

Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame, en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facían os nosos devanceiros nas antigas Romarías. Nos, habituais da festa, non nola perderemos e teremos a nosa interveción (programada), as 12:30 e as 13:00 horas na Praza Tralacerca e Plaza Maior da Vila respectivamente. Para logo seguir animando cos nosos instrumentos e canticos varios outras prazas e tabernas durante toda a xornada. Aquí vos deixamos o enlace ao Programa que Alala lle adicou a esta festa e máis ao grupo Castro Floxo... botádelle un ollo xa veredes como se vos meten as ganiñas no corpo ... http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE http://www.youtube.com/watch?v=GOlR42PQHnQ&feature=related E se quered...

VIII ROMARIA RAIGAME

Coma todos os 17 de Maio, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e mais o Concello de Celanova organizan a Romaría Raigame, que este ano cumpre oito anos. O lugar elexido é o pobo de Vilanova dos Infantes, situado ao carón de Celanova. Durante todo o día xuntaránse a armar troula músicos, bailadores, regueifeiros, cantareiras/Os, artesáns, taberneiros, animadores de rúa, etc. A festa xa é un referente no almanaque para todos aqueles que lles guste disfrutar un día ao xeito máis enxebre e tradicional. O ano pasado, un equipo do programa alalá desprazouse ata Vilanova para adicarlle un programa a Romaría e ao Grupo Castro Floxo, e velaquí unha pequena escolma do resultado final: http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE E aqui vai outro vídeo para que vos fagades ainda mellor a idea: http://www.youtube.com/watch?v=S_iD07GDVjc Rebulir coma nos derradeiros anos, tamén participaremos na festa, toda a escola ao completo iremos a botarlle uns bailes e unhas pezas. O noso turno será as 12...

FOTOS DA ROMERIA RAIGAME

Boas Xente, xa publicamos algunhas das fotos que nos enviastes das actuacións e d troula da Romería Raigame de Vilanova dos Infantes. Podedes velas na parte de abaixo da páxina. Non vos teñen desperdicio. Unha aperta.

BOA ACOLLIDA ... E SEGUINTES DATAS

Tras a boa acollida no II Serán de Maceda, onde nos trataron estupendamente e o cal lle agradecemos os nosos amigos Chouteiros, Debanadoira e MaÇaeda da Limia asi como o Concello de Maceda. Diremos que as actuacións non rematan aqui polo momento as vindeiras dastas confirmadas son o 17 de Maio na Romeria Raigame de Vilanova dos Infantes e o Encontro Internacional de Folclore da vila de Cacia - Aveiro ( Portugal ) en Setembro, esperamos que saian algunhas actuacións máis durante o ano. Aproveitamos para dicirvos que xa están colgadas algunhas das fotos desta actuación, esperemos ter algunha máis en breve das que sacaran os pais, xa que a nosa cámara acabouselle a bateria no autobús e no seguinte enlace podedes ver as fotos sacadas pola xente da AOFT Gomes Mouro - FOTOS AOFT - e tamén as fotos publicadas na páxina do Concello de Maceda - FOTOS CONCELLO MACEDA - Para complementar todo este material fotográfico poñemos a continuacion un vídeo do momento dos pinchos do serán.

POR FIN NOVAS FOTOS

Publicamos as novas fotos que nos van pasando (Grazas Cristina), se queredes velas turrade para abaixo na páxina e alí están. Hai algunha do festival de baile e música tradicional do nadal, engadimos novas da xornada de xogos tradicionais e chiculatada ( miradeas que non teñen desperdicio )e tamén algunhas de actuacións do ano pasado. Esperamos que vos gusten. E por certo se alguén ten máis fotos que nolas mande o noso correo rebulir@hotmail.com