Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2007

CURSO DE INICIACIÓN O BAILE E MÚSICA TRADICIONAL PARA ADULTOS

BOAS FESTAS

I SERÁN URBÁN EN OURENSE

Desde Rebulir animamosvos a que participedes na primeira edición do serán urbán da cidade de Ourense que sirve de peche a unha chea de actividades no eido tradicional dentro do marco dos Domingos de Lecer. A nosa escola estará presente armando festa, deso non ai dúbida. - A cita é na explanada das Burgas arredor das 17:00 h da tarde do vindeiro domingo día 23 de Decembro . - Organiza : AMT Gomes Mouro. - Patrocina : Concelleria de cultura do Concello de Ourense.

ULTIMANDO DETALLES

Como sabedes o vindeiro sábado 22 celebramos o festival de nadal no Picouto , estamos a últimar detalles para que saia todo o mellor posible , esperemos que esto sexa así e non haxa ningún imprevisto.

FELICIDADES XIRADELA

Desde este modesto blog queremos felicitar a asociación xuvenil Xiradela de Arteixo , por acadar o premio IAR de folclore galego e por suposto polo seu 25 aniversario. Xente coma vos sérvenos de referente os colectivos máis noveis, non todos os días se cumpren 25 anos o pé do cañón , así que ese premio está ben merecido.

CURSO DE INICIACIÓN O BAILE E MÚSICA TRADICIONAL PARA ADULTOS

FESTIVAL EN MACEDA

Os de Rebulir tamén nos gusta sair a actuar por ai , a primeira parada vai ser en Maceda en resposta a visita que nos farán eles no noso festival . A data vai ser o sábado día 19 de Xaneiro , a hora inda non o sabemos . Grazas Debanadoira , Chouteiros e mais MaÇaeda da Limia pola visita e o convite ! Vémonos o 22 no noso festival ! PD: A foto é do grupo de baile Chouteiros de Maceda.

I CURSO DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL PARA ADULTOS

FESTIVAL DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL - NADAL 2007

Ademais de publicar este cartaz , tamén engadimos novos temas musicais na páxina desta vez interpretados polos músicos e cantareiras do colectivo Castro Floxo (Ourense), esperemos que vos gusten .

ACTIVIDADES DINAMIZACIÓN CASCO VELLO E DÍA ORGULLO GAITEIRO 2007

As actividades dos domingos, (dinamización do Casco Vello), realizaranse na explanada das "Burgas": -OBRADOIROS: de 12:00 a 14:00 -CONCERTOS: a partir das 18:00 "DIA DO ORGULLO GAITEIRO ", Sábado 15 de decembro Todas as actividades realizaránse no AUDITORIO de Ourense en Horario de: -16:00 a 18:00 Retransmisión en directo do programa "Lumen a Palleira", onde, ademáis de outros contidos, presentará o seu cd o gaiteiro Juanjo Fernández -18:00 a 19:30 continuará un pequeño concertó de Juanjo Fernández e seguirá Xavier Blanco cunha mostra de "instrumentos Pobres" -19:30 a 20:30 Concerto de Pablo Seoane, Grupo de música Tradicional *No medio, darase un pequeno agasallo os homenaxeados deste ano -21:30 CEA NO LOCAL DE AIXIÑA, (Paco Paz), previa inscripción, (15€ para alumnos e asociados á AOFT – 18€ resto) TODAS AS ACTIVIDADES ORGANIZADAS E COORDINADAS POR "GOMES MOURO"

ACHÉGASE O NADAL EN REBULIR

Comezamos a bosquexar as actividades deste nadal en Rebulir . Comezamos o sábado 22 co festival de Nadal no Picouto coa participación dos grupos : Rebulir escola de baile e música tradicional do Concello de Ramirás,Debanadoira grupo de pandereteiras ( Maceda ) , Grupo de gaiteiros MaÇaeda da Limia ( Maceda ), Grupo de Baile Chouteiros ( Maceda ) e a Escola provincial de danza - Castro Floxo ( Ourense ). Tras este pequeno festival impartiremos un curso de iniciación de baile e música tradicional para adultos durante 3 dias, no cal inda non están decididas as datas definitivas. Manteremosvos informados . Dias despois seremos nos os que visitaremos Maceda para participar no festival de nadal que alí están a organizar. Se queredes mais información sobre algunha das actividades podedes escribir o noso correo electrónico rebulir@hotmail.com. De todos xeitos informaremos máis polo miúdo segundo vaiamos concretando máis cousas.

Música na nosa páxina

Aquí poñemos unha canción para facer máis amea a vosa presenza nesta páxina , a peza que se escoita é de Coanhadeira grupo de música en galego e co cal estamos moi vinculados , xa que ademais de ser grandes amigos e ter colaborado en actividades con nos , dous dos mestres de Rebulir son membros do mesmo . Así que esperamos que disfrutedes coa peza: Muiñeira de Eiriz Se queredes escoitar mais música deste grupo ou indagar mais sobre el podedes achegarvos as súas páxinas : www.coanhadeira.com www.myspace.com/coanhadeira

II CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL

A Asociación de Gaiteiros Galegos está xa a preparar o II CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA, que terá lugar o 7, 8 e 9 de Decembro de 2007 en Santiago de Compostela. O Auditorio de Galicia será o marco que acolla a congresistas, mestres, gaiteiros, artesáns ou simples afeccionados á música galega que teñan interés en profundizar na aprendizaxe dunha parte tan importante da nosa cultura. Unha das formas de participar, ademais da presencial, é a través do envío de comunicacións. Toda persoa que queira expoñer algún tema relacionado co ensino da música tradicional poderá escribir unha comunicación e presentala no Congreso, despois da correspondente selección por parte do Comité Científico. Para isto é necesario seguir unhas normas que podedes consultar a continuación. Esperamos contar coa vosa colaboración e que asistades a este importante evento relacionado co ensino e conservación do patrimonio cultural galego. PARA MAIS INFORMACIÓN : WWW.GAITEIROSGALEGOS.COM

A xeito de agradecemento

Grazas a todos os grupos e escolas que estades poñendo un enlace a nosa humilde páxina/blog ( Xiradela de Arteixo , Asociacion o Castelo de Melide , Asubio de Vigo, escola de baile do concello de Vigo , frouma de oleiros, Abrentes de Cercedo, grupo Cantigas da Terra da Coruña, Xunco de Salceda de Caselas , Escola de música tradicional de Ourense, Iar da Coruña ... ) . Agradecese moito a colaboración entre grupos inda que sexa con estes pequenos xestos. Tamén agradecer os que nos estades apoiando neste e que tantos correos de apoio nos enviades pola iniciativa que se está desenvolvendo. Está nova vai adicada a todos vos .Unha aperta e ... . GRAZAS

Axudanos a saber por onde tirar

Os que visitedes esta páxina , dade ahí algún voto nos vosos intereses. Sempre aceptamos propostas e críticas para axudarnos a mellorar . Cos voso voto na enquisa farémonos unha idea do que lle interesa a xente , e así ( sempre dentro das nosas posibilidades ... ) turraremos xuntos nesa dirección , para intentar facer as cousas o mellor posible. - Foto da I Noite de Fiadeiro ( Abril 2007 ) -

NOVO HORARIO E NOVA ENQUISA

Aqui tedes o novo horario tal e como vos dixemos a semana pasada , adaptado os novos alumnos , comentar que o grupo de pequenos terán incorporadas as clases de canto e pandeireta no su horario habitual , a continuación presentamos os novos cambios e como queda ( esperemos ) o horario definitivo deste curso. Aproveitamos para deixar a nova de que o vindeiro sábado día 27 de Outubro é o derradeiro día para inscribirse neste curso 2007/08 . PINCHA NA IMAXE PARA AGRANDAR

FACEMOS MODIFICACIÓNS

Xa estamos rodando e tras o éxito de alumnos neste curso 2007/08 , e a sorpresa de que teremos un grupo de adultos , temos que modificar os horarios para poder incluir nos horarios a este grupo co que non contabamos pero que nos deron unha grata sorpresa co seu interese . Asi que en breves dias publicaremos os novos horarios , a próxima fin de semana serán definitivos xa. Aproveitamos para recordar tamén que a próxima semana comezan as clases de gaita e percusión tradicional .

HOXE ESTAMOS NOS MEDIOS !

Boas xente ! Nesta xornada de comezo algúns medios publicaron a noticia , incluso algún con bastante énfase . A continuación deixo os enlaces e reseñas dos medios onde nos podedes atopar : - Radio Ourense - Cadena Ser - Radio Celanova - Programa Luar TVG - Periódico La region : http://www.laregion.net/content/view/44920/31/ - Malmequer : http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=22548 - Xornal Galicia dixital : http://www.xornalgalicia.com/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=24586 - Ghastaspista : http://www.ghastaspista.com/novas/outrasnovas.php - Gaiteiros galegos : http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=474 - Jamespot.com : http://www.jamespot.com/index.php?action=channelView&idChannel=831603&startHit=10 - Mundourense.com : http://www.mundourense.com/cursoseconcursos/cursos17.html - www.terradecelanova.com : http://www.terradecelanova.com/forum/index.php?p_lng=&p_days=180&p_cmd=entry&p_entry=790 -

PISTOLETAZO DE SAÍDA !!

O vindeiro sábado día 6 de Outubro , faremos a inaguración do curso e presentación das actividades , a partir das 4 da tarde no Centro Sociocultural de San Andrés , o cal xa está totalmente habilitado para o noso arranque ! . O inicio das clases será o día 13 de Outubro para baile e canto e pandeireta e o 20 de Outubro para Gaita e Percusión . Esperamos vervos alí a todos os interesados !

Chegada de instrumentos a Rebulir

A Deputación de Ourense , concedeunos hoxe unha partida de instrumentos TRADICIONAIS , para a posta en marcha da escola Rebulir .Estes instrumentos serán construidos no obradoiro de instrumentos populares da Deputación de Ourense . A partida consta de : 5 gaitas tradicionais en tonalidade de DO 6 pandeiretasde 9 pares de ferreñas 2 tamboriles de nogal 1 Bombo 2 pandeiros 10 palletas 10 pallons Iremos ampliando pouco a pouco o noso fondo instrumental , pero como partida está bastante ben .

HORARIOS 2007

PINCHA NO HORARIO PARA AMPLIALA

INAGURACIÓN

O Concello de Ramirás inaugurará o próximo Sábado día 6 de Outubro a súa primeira escola de Baile e Música Tradicional . O nome escollido para esta escola é o de “ Rebulir ” . Estará situada no Centro Sociocultural de San Andrés , no pobo de Vilavidal pertencente a dito Concello. O curso partirá con un número aproximado de 40 alumnos de todas as idades , desde 4 anos en adiante . Impartiranse clases de Baile tradicional , Canto e Pandeireta , Gaita Galega e Percusión Tradicional , complementando a súa formación con nocións básicas da etnografía galega .Tamén se organizarán periodicamente outras actividades paralelas para o lecer dos dos alumnos e demais habitantes do Concello tales como : festivais , xornadas lúdicas , a II noite de fiadeiro , xornadas de xogos tradicionais ... etc. A matrícula nesta escola é totalmente gratuíta xa que está financiada na súa totalidade polo Concello de Ramirás . Nace así un núcleo para a recuperación e mantemento da tradición neste recuncho da Provinci