A Deputación de Ourense , concedeunos hoxe unha partida de instrumentos TRADICIONAIS , para a posta en marcha da escola Rebulir .Estes instrumentos serán construidos no obradoiro de instrumentos populares da Deputación de Ourense . A partida consta de :
- 5 gaitas tradicionais en tonalidade de DO
- 6 pandeiretasde 9 pares de ferreñas
- 2 tamboriles de nogal
- 1 Bombo
- 2 pandeiros
- 10 palletas
- 10 pallons
Iremos ampliando pouco a pouco o noso fondo instrumental , pero como partida está bastante ben .
Comentarios
Publicar un comentario