Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta iii concurso de fotografía antiga

PREMIADOS III CONCURSO FOTOGRAFÍA ANTIGA

Reunido o xurado do III Concurso de Fotografía Antiga, constituido por D. Alexandre Sotelino Losada (representante de Rebulir), D. Fco. Xavier Alvarez Castro (representante do Centro de Cultura Xaquin Lorenzo) e Dna. Pilar O. López García (representante do Concello de Ramirás) decidiron outorgar os seguintes premios seguindo as bases publicadas polos convocantes. PREMIO ESPECIAL A MELLOR FOTOGRAFÍA -D. Benito Feijoo Fernández (Alcume "Serranchíns") de Mosteiro (Ramirás) PREMIO ESPECIAL A FOTOGRAFÍA MÁIS ANTIGA - D. Adrián e Dna. Ana Mª Rodríguez (Alcume "Os Trapalleiros") de A Arrifana (Ramirás) PREMIOS A MELLOR COLECCIÓN - 1º PREMIO. Dna. Purificación Feijoo Román (Alcume "Os Feijoo") de Mosteiro (Ramirás) - 2º PREMIO. Dna. Concha Ferreira Vieiro ( Alcume "Nela" ) de Pambre (Ramirás) - 3º PREMIO. Dna. Carmen Lorenzo Míguez (Alcume "As Canellas") de Vilanova de Penosiños (Ramirás) - ACCESIT. D. José Rodríguez Martínez (Alcume "O Re...

PRESENTACIÓN CURSO E ENTREGA DE PREMIOS

O Vindeiro Sábado 25 de Setembro as 19:00 h no local de Rebulir terá lugar o acto de presentación do curso 2010/2011 onde se exporán o público asistente as diferentes actividades, horarios, profesorado... sendo a principal novidade deste ano a futura creación dun grupo de pandereteir@s conformado por nais, avoas, pais, avós, familiares... de alumnos da escola, que comezara a súa andadura polo mes de Decembro. . Este acto servirá tamén como foro para a entrega dos premios do III Concurso de Fotografía Antiga, no cal se recolleron este ano arredor de dous centenares de instantaneas. A relación de premiados será publicada ao longo da semana vixente neste blog. . Quedan convidados a asistir a este pistoletazo de saída cara un curso cheo de novos proxectos e retos por acadar. Para máis información poden chamar ao teléfono 639 908 005

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

AMPLIAMOS O PRAZO ATA O VENRES 10 DE SETEMBRO . A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “IIIº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes BASES: 1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc. 2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítrofes (Comarca Terras de Celanova). 3. O concurso terá unha única categoría e dous premios especiais : - ...