Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta escuela música tradicional llangreu

E AGORA ASTURIES...

Para rematar as actuacións do Verán un broche de Ouro. Marchamos para a Asturias onde os amigos da Escola de Musica Tradicional de Llangreu e da Banda de Gaitas de Noreña nos teñen convidado a participar de diferentes actos como son a Festa de Degustación do Gochu, O Acompañamento oficial de autoridades, o desfile das festas patronais... sendo a nosa principal actuación o Luns pola tarde no dia principal de Noreña, compartindo escenario con grupos chegados de diferentes puntos de España. . A nosa estancia por terras astures prolongarase desde o vindeiro Venres 17 ata xa entrado o Martes 21 cando teremos a nosa viaxe de volta. Procuraremos representar ben a cultura galega, e para eso ademais das nosas cantigas e bailes, levaremos tamén productos tan tipicos da nosa terra como é a Queimada, viño ou Licor Café. . Tras esta visita o día 25 de Setembro faremos a presentación oficial do curso 2010/2011 e entregaremos os premios correspondentes ao III Concurso de Fotografía Antiga.

REBULIR NO ENCONTRO NACIONAL DE FOLCLORE E ACTUACIÓN EN ASTURIAS

Os Vindeiros días 9, 10 e 11 de Abril, Rebulir participará representando a Galicia no Encontro Nacional de Folclore en Valladolid, organizado por Castellanos de Olid. Ata alí nos desprazaremos o grupo de Adultos e Músicos, para desenvolver un programa de 30 minutos con cambio de vestiario, onde interpretaremos diferentes tipos de danzas, desde as máis tradicionais muiñeiras e xotas, ata danzas procesionais e bailes agarrados. Xa en Maio (7, 8 e 9) desprazaremonos ata Llangreu en Asturias para actuar no Auditorio Valle del Nalón. Alí desenvolveremos un pequeno espectáculo de 40 minutos dividido en dúas partes e actuando no intermedio a Escola de Música Tradicional de Llangreu.

IV FESTIVAL DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL REBULIR

Presentamos o cartaz que anuncia o IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, no cal andamos xa traballando nos últimos preparativos. En vindeiras datas publicaremos o programa completo

PRESENTAMOS OS GRUPOS DO IV FESTIVAL B.M.T. REBULIR

Estes que presentamos na imaxe son os grupos que este ano conforman o programa do IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir que se celebrará nos días 19 e 20 de Decembro. En vindeiras datas presentaremos o Cartaz oficial, programa e demais actividades programadas para as datas de Nadal