Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta efemera

FIN DE SEMANA COMPLETO

Avecíñase unha fin de semana completiña... O Venres estaremos no Venrespirar convidados pol@s amig@s de Gomes Mouro e Algaravía. A cita será na cafetería A Efémera de Ourense a partir das 22.30 h. Nós poremos o Baile e a Música, xunto con Os Jalos d´Antioquia e os propios Gomes Mouro. E o Sábado imos de Troula ata Boborás, no II Serán que organizan Os Serandeiros no Colexio da localidade ourensá. Levaremos Instrumentos e moitas ganas de bailar. E veña! De festa en festa, e seguimos porque nos presta!

Fotos do Venrespirar

Os amigos da AOFT Gomes Mouro xa colgaron no seu espazo as fotos do pasado Venrespirar na Efémera (Ourense), onde os rebuldeiros participamos tocando e mesmo levando algo o baile, podedes velas no seguinte enlace: http://aoftou.spaces.live.com/

REBULIR NO VENRESPIRAR

O Vindeiro Venres día 3, Rebulir colaborará cos Venrespirar, tanto no que se refire ao baile como a música. A cita será na cafeteria A Efémera de Ourense, por baixo do Auditorio Municipal, a partir das 22.30 da noite. O noso agradecemento a Algaravia e Gomes Mouro, por contar con nós. Esperemos axudar a montarlle unha boa festiña, poremos todo da nosa parte! . Se querede máis información e mesmo ver algunhas fotos doutros venrespirar podedes visitar o espazo de Gomes Mouro no seguinte enlace: http://aoftou.spaces.live.com/