A un mes da II Noite de Fiadeiro xa temos practicamente ultimados todos os detalles. Recordamos que a data na que imos a celebrala é o derradeiro Sábado de Abril, que este ano é día 26. Comezaremos arredor das 8:30 da tarde na Praza de San Andrés que estará cuberta cunha carpa e adornada con luces. Na mesma Praza estará un posto de pulpo e unha taberna para poder mollar as gorxas segundo vaia avanzando a noite. Ata o momento colaboran con nós 10 colectivos: - Escola Provincial de Danza – Castro Floxo ( Ourense ) - AOFT Gomes Mouro ( Ourense ) - Grupo Coanhadeira – Música en Galego ( Ourense ) - Grupo Folk Vichelocrego ( Ourense ) - Grupo de Baile Tradicional Solpor ( Celanova ) - Grupo de Música Tradicional Airiños do Arnoia ( Arnoia ) - Grupo Pandereteiras Debanadoira ( Maceda ) - Grupo de Música Tradicional MaÇaeda da Limia ( Maceda ) - Grupo de Música Tradicional do Concello de Paderne de Allariz - Grupo de Pandereteiras Alicornia ( Soutomaior – Pontevedra ) Patrocinándonos O Con...