Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta calendario

XA DE VOLTA

Xa estamos de volta de terras catalanas. Foron 3 días moi intensos nos que visitamos Zaragoza e Barcelona, ademais de Terrassa. Tivemos dúas actuacións que resultaron sair moi ben, cunha importante participación do público. Xa están algunhas fotos publicadas no blog, e nos seguintes días iremos engadindo máis. Se queredes velas ide a parte de abaixo deste blog. . Agora a seguir ensaiando e traballando, tal e como se dí en La Región do Domingo 22, que podedes ver premendo aqui . . As seguintes citas de Rebulir serán: - 3 de Abril - Venrespirar en Ourense - 25 de Abril - III Noite de Fiadeiro - 2 de Maio - I de Serán en Boborás - 17 de Maio - Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes - 27 de Xuño - Festa de Fin de Curso. - 25 de Xullo - Festival da Romeria Galega de Tordoia (A Coruña) - 2 de Agosto - Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao (Portugal) - 19 e 20 de Setembro - Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro. (Portugal)