Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta actuacions 2009

REBULIR ACTUACIÓNS VERÁN 2009

E seguimos... nas vindeiras datas podedes vernos por: - 25 e 26 de Xullo - Festival en Tordoia ( A Coruña ) - 2 de Agosto - Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao (Portugal) - 19 e 20 de Setembro - Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro (Portugal) Por suposto estaremos en Romarías e Festas pola Provincia de Ourense, segundo se vaian confirmando iremos informando das datas.

ACTUACIÓN EN GRIXÓ

O Vindeiro Domingo día 5 de Xullo, os músicos de Rebulir estarán de Alborada polo pobo de Grixó en Ramirás, con motivo das súas festas patronais. Comezaremos as 10:30 da mañá nun percorrido polo pobo e xa as 12:00 do mediodía daremos outra volta pola sesión vermut. Tras esta actuación comezaremos a preparar o Festival de Tordoia (A Coruña) ata onde nos desprazaremos o día 25 de Xullo, voltando o 26.

FESTA DE FIN DE CURSO EN REBULIR

O Vindeiro día 20 de Xuño en Rebulir celebraremos o Fin de Curso cunha festa na que teremos actividades durante toda a Xornada. Nos vindeiros días publicaremos o cartaz co programa das mesmas. Tras este acto non veñen as vacacións senón que ven un Verán axetreado de actuacións. De momento podemos sinalar as seguintes: - 2o de Xuño: Fin de Curso - 25 de Xullo: Festival en Tordoia (A Coruña) - 2 de Agosto: Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao (Portugal) - 19 e 20 de Setembro: Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro (Portugal) - E polo medio de todas estas outras Romarías e Festas, pendentes de confirmar.

PECHANDO DATAS...

Comezamos a saber xa dalgunhas actuacións para os vindeiros meses: - 21 de Marzo: Actuación en O Mosteiro ( Ramirás ) - 25 de Abril: III Noite de Fiadeiro - 2 de Maio: I Serán de Boborás - 17 de Maio: Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes En canto vaiamos confirmando máis datas xa vos iremos informando.