Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta actuación.

FOTOS DAS ACTUACIÓNS DO VERÁN

Chegan tarde pero aquí están as fotos e algún vídeo das actuacións que Rebulir fixemos este Verán. Podedes velas na parte de abaixo do Blog, e os vídeos pinchando nos enlaces que tedes a continuación. Algunhas delas son recollidas do blog de brisas do quenllo . http://www.youtube.com/user/rebulir#play/all/uploads-all/0/8oXlnJRewE8 http://www.youtube.com/user/rebulir#play/all/uploads-all/1/6nwl3Td_lfk

REBULIR NA X MOSTRA DA DIVERSITAT CULTURAL DE TERRASA

A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir participará na X Mostra da Diversitat Cultural de Terrassa-Barcelona, os vindeiros días 20, 21 e 22 de Marzo, representando a comunidade galega e máis concretamente a Ourense. A esta Mostra desprazarase o grupo de baile de adultos de Rebulir e o grupo de Gaiteiros, compartindo esceario con grupos de: Catalunya, Andalucía, Extremadura, Murcia, Castela a Mancha, Aragón, Senegal, Bolivia, Ecuador e Perú. Podedes consultar o programa desta mostra nos seguintes enlaces: - Mostra da diversitat cultural 2009 (Páxina Ayuntament) - Programación Cultural Terrassa Marzo (PDF)