Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta a bela auria

A BELA AURIA

Como vos diciamos dias atrás, o vindeiro 30 de Maio teremos o pracer de participar na I Edición de A Bela Auria, que se celebrará nos arredores do Xardín do Posío. Unha xornada para voltar ao Ourense de comezos do século XX. Ata alí iremos unha boa representación de rebuldeiros para animar coas nosas músicas e algo do noso baile, e como sempre armar festa! Quedades convidad@s a vir a esta festa que tanto promete, se queredes ver o programa completo, podedes pinchar aqui , e para máis información podedes visitar as súas páxinas : - http://www.belaauria.com/ - http://belaauria.wordpress.com/ Noraboa aos organizadores pola iniciativa, ben seguro que se vai convertir nunha cita de referencia. Nós poremos todo o posible da nosa parte.

PRÓXIMAS PARADAS...

Tras o éxito da IX Romaría Raigame onde bailamos e tocamos solos e acompañados durante toda a xornada, seguimos a troulear por diferentes lugares... A próxima data será o Domingo 23 as 17:00 h no Centro Sociocultural de O Picouto, onde estaremos no acto de homenaxe a D. Manuel González Álvarez. Se queredes máis información do homenaxeado e do acto podedes facer click aquí . . E o día 30 deste mes, quedades emprazados para o que será a I Festa "A Bela Auria" que pretende ser unha recreación do que era a vida na cidade de Ourense de comezos do Século XX. Alí estaremos dinamizado os diferentes espazos coas nosas músicas e porque non algo de baile tamén.