Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Ramirás

VI NOITE DE FIADEIRO. Convocatoria

Estimadas/os amigos/as, A VI edición da Noite de Fiadeiro está en marcha. O derradeiro Sábado de Abril, este ano día 28, voltaremos a xuntarnos en Vilavidal (Ramirás). Desta vez tentaremos incluír máis novidades, para que a festa non se estanque. Deste xeito, durante toda a xornada teremos animación, teatro, artesanía, gastronomía, xogos, obradoiros... etc; pero o acto central chega pola noitiña cando músicos, bailadores, cantador@s... xúntanse no torreiro para disfrutar dunha noite de música tradicional como se facía antano.  Se vos presta vir a participar da festa como grupo/colectivo de música tradicional mándádenos os seguintes datos: * Nome do grupo * Tipo de Grupo (cantareiras, gaiteiros, murga...) * Número de participantes * Lugar de procedencia * Persoa de contacto * Teléfono de contacto * Enderezo electrónico * Páxina web Nesta edición tentaremos darlle impulso a feira de productos artesáns, neste caso a ficha sería a seguinte: * Nome do posto: * Nome da persoa/s res...

OFERTA GRUPOS E ARTESÁNS V NOITE DE FIADEIRO

Ide apuntando a data. Como todos os anos polo derradeiro Sábado de Abril, este ano día 30, chega a Ramirás a Noite de Fiadeiro, que este ano cumpre a súa V edición. Durante toda a Xornada desenvolveranse actividades de diferente índole animando o pobo, pero o acto central da festa, O Fiadeiro, chega pola noitiña cando bailadores, músicos, cantadores, regueifeiros... se xuntan no torreiro de San Andrés para disfrutar xuntos coma se facía antano. Se queres vir participar con nós como grupo de música tradicional, podes enviarnos a túa solicitude cos seguintes datos: * Nome do grupo: * Tipo de grupo: (Pandereteiras, gaiteiros...) * Número de participantes: * Lugar de procedencia: * Teléfono de contacto: * Enderezo electrónico: Tamén abrimos a posibilidade da instalación de postos de venda artesáns (coiro, olería, madeira, prendas, comida, bebida, doces...) nese caso a ficha sería a seguinte: * Nome do representante: * Teléfono de contacto: * Lugar de procedencia: * Producto de venda: * Nom...

CANTOS DE REIS E CHEGADA DAS SS.MM. OS REIS MAGOS

As SS.MM. os Reis Magos de Oriente chegaran a Ramirás o vindeiro día 5 convidados pola nosa Asociación e o Concello de Ramirás. A comitiva irá integrada por paxes e servintes dos Reis, así como gaiteiros, músicos e cantadores que lles darán a benvida. O programa que seguirán será o que a continuación se describe: 16:00 h - Visita ao Centro Xeríatrico residencial de O Mosteiro 17:00 h - Animación Infantil no Centro Sociocultural de O Picouto. 17.30 h - Recepción Oficial no Centro Sociocultural de O Picouto. Aquí adicaránlle unhas palabras aos máis cativos e escoitarán as súas peticións para esa noite. 18:30 h - Recuperación dos Cantos de Reis por diferentes pobos de O Concello. 20:30 h - Despedida das SS.MM. Un ano máis e visto o éxito do pasado ano, tentaremos recuperar os Cantos de Reis, que xa parecian esquecidos neste Concello Ourensán. Así iremos casa por casa entoando pezas típicas desta época do ano, pedindo aguinaldo, que en moitas ocasións é económico e noutras é o convite...

GRACIÑAS!!!!

Despois do V Festival Rebulir celebrado esta pasada fin de semana solo podemos dicir unha cousa, que é GRAZAS!, o noso agradecemento para : - Aos asistentes, en especial a amigos e familiares de Rebulir pola súa paciencia e colaboración inestimable. - Aos grupo participantes, Gaztedi, grupo de Val de San Lorenzo, grupo de Pinheiros, Alma Llanera e Airiños da Lagoa pola súa calidade artística, pero sobretodo humana - Para o persoal do Concello de Ramirás, pola súa adicación e traballo. - Para José Diz polo cartaz, para Eduardo polas iluminación, para Marcos Pérez polo son, para Santiago Sotelino polas fotografías, para Pachi Varanda polo vídeo, para María do centro sociocultural de O Picouto - Para os patrocinadores, O Concello de Ramirás e Caixanova - Para os colaboradores, Televisión de Galicia, Concello de Celanova e Onde Queiras - Para os medios de comunicación pola súa difusión. Televisión de Galicia (programa Luar e Vaia troula ), Cadena Ser-Ourense, Radio Galega, Folk in trio de ...

GRUPOS V FESTIVAL REBULIR B.M.T.

Preme enriba da imaxe para agrandala. A dous meses da celebracion do V Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional presentamos os grupos que nos visitarán nesta edición conformando o cartaz definitivo. Quedades emprazad@s o 18 de Decembro no Polideportivo de O Picouto (Ramirás) para disfrutar deste encontro multicultural.

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

AMPLIAMOS O PRAZO ATA O VENRES 10 DE SETEMBRO . A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “IIIº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes BASES: 1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc. 2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítrofes (Comarca Terras de Celanova). 3. O concurso terá unha única categoría e dous premios especiais : - ...

VISITA REAL E CANTOS DE REIS

O Vindeiro Martes día 5 as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente percorrerá o Concello de Ramirás, saíndo as 16.30 h desde a Praza de San Andrés e visitando en primeiro lugar a residencia da terceira idade de O Mosteiro onde entragarán os agasallos aos residentes. Logo percorreran os diferentes pobos para acabar de novo na Praza de San Andrés onde recibirán aos nenos escoitando as súas peticións e obsequiándolle con doces. Serán acompañados por músicos e cantadores que entoarán cantos de reis e outros temas nos diferentes puntos onde se pare. Deste xeito recupérase a tradición de pedir o aguinaldo polas casas.

MAGOSTO REBULIR

O Vindeiro Sábado día 7 o grupo de Adultos de Rebulir organiza o Magosto da Asociación. A xuntanza comezará a partir das 21:30 h cando se encenderá o lume e cociñará a carne e as castañas todo bañado con viño da terra, o que veña a continuación será segundo depare a noite.

O FUTBOL CHAPAS VIRÁ A RAMIRÁS

A Asociación Cultural Rebulir e a Asociación Alternativas Sociais Ourense chegamos a un acordo para desenvolver en Ramirás no vindeiro ano unha xornada da Liga Galega de Futbol Chapas. Constituíndose así o "Trofeo Rebulir" para os gañadores. O futbol chapas é un lugar de encontro sen idades no que todas e todas teñen un espazo para disfrutar do xogo. Así o definen os seus organizadores que veñen poñendo en marcha esta novidosa iniciativa a nivel galego. Se queredes saber máis deste xogo podedes consultar o blog http://www.chapasourense.blogspot.com/

REBULIR NA PRENSA DE HOXE.

O suplemento Xornal Escolar do Diario La Región adica hoxe dúas páxinas a actividade e funcionamento de Rebulir como escola. Na primeira recóllense algunhas das actividades que se veñen realizando durante o ano, na segunda faise unha entrevista a Alexandre como director. Tamén no interior do Xornal recóllese a noticia da presentación do curso 2009/2010 e a entrega de premios do II Concurso de Fotografía Antiga.

RESULTADOS II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

O xurado do “IIº Concurso de Fotografía Antiga” convocado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” , en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, reunido, o 18 de Setembro de 2008, decidiu outorgar os seguintes premios: Premio especial á mellor fotografía: - Para a fotografía número 30 da colección presentada por Ángela e Cristian González Amoeiro, de Ver (Ramirás), datada no 1909. Premio especial á fotografía máis antiga: - Este premio quedará deserto ao coincidir co premiado a mellor fotografía. Premios á mellor colección: -1º premio : á colección presentada por Laura Durán González, de Celanova. -2º premio: á colección presentada por Lucía Iglesias Pereira, de O Mosteiro, Ramirás. -3º premio: á colección presentada por Sandra González Sousa, de Penosiños, Ramirás. Así mesmo, o xurado decidiu premiar con accesits especiais a - Andrea Martínez Teixeira, de Tellado, Ramirás. - Lucia Teixeira Fe...

COMEZO DO CURSO 2009-2010

ACTUAMOS EN ESCUDEIROS

Mañá Sábado día 5 Rebulir animará a festa/Verbena popular que organizan no pobo de Escudeiros (Ramirás). Coma en toda festa que se precie haberá comida, bebida e moita moita troula ata que as pernas aguanten!

ACTUACIÓN EN GRIXÓ

O Vindeiro Domingo día 5 de Xullo, os músicos de Rebulir estarán de Alborada polo pobo de Grixó en Ramirás, con motivo das súas festas patronais. Comezaremos as 10:30 da mañá nun percorrido polo pobo e xa as 12:00 do mediodía daremos outra volta pola sesión vermut. Tras esta actuación comezaremos a preparar o Festival de Tordoia (A Coruña) ata onde nos desprazaremos o día 25 de Xullo, voltando o 26.

FIN DE CURSO 2008/09

O Sábado rematamos o curso 2008/09 con un sorriso de orgullo, posto que a xornada foi un éxito en canto a participación de membros, familiares e amigos e foi un día no que non nos podemos queixar de como sairon as cousas, os rapaces bailaron e tocaron mellor que nunca (é o que ten xogar en casa). Agora só queda facer avaliación deste ano e comezar a pensar no vindeiro ano, aínda que durante o verán andaremos por festivais, romarías, festas, alboradas... mostrando todo o aprendido. As fotos desta xornada, xa as podedes ver na parte de abaixo desta páxina, e o vindeiro Domingo o Suplemento Vida do Xornal La Región recollerá fotografías das diferentes actividades.

III NOITE DE FIADEIRO

AQUÍ VOS DEIXAMOS TODA A INFORMACIÓN SOBRE A III NOITE DE FIADEIRO Para agrandalo pulsar sobre a imaxe. QUEDADES CONVIDADAS/OS A VIR CANTAR, BAILAR TOCAR OU SIMPLEMENTE A PASALO BEN E DISFRUTAR DO AMBIENTE! ESPERÁMOSVOS O SÁBADO!!

PECHE DA EXPOSICIÓN NO PICOUTO

O vindeiro Sábado día 17 será o derradeiro día para poder disfrutar da exposición "Os Tempos de Antes. Fotografias Antigas de Ramirás" no Centro Cultural de O Picouto, xa que tras esta xornada será recollida. Tras o éxito da exposición, esta percorrerá os diferentes centros culturais do Concello para facela máis extensible e asequible de visitar a todos os habitates do Concello, que se atopan vivindo en outros pobos. Imaxe da Exposición en O Picouto

III FESTIVAL BEMT REBULIR

Recordade que o vindeiro Sábado día 20, teremos o III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir. - Hora acceso público: 18:45 h (Acceso gratuíto) - Hora de comezo: 19.00 h - Lugar: Polideportivo de O Picouto (Ramirás) - Participantes: Rebulir (Ramirás), Retrouso de Cela (Bueu-Pontevedra), Brisas do Quenllo (Tordoia-A Coruña), Etnográfico de Praia de Áncora ( V.Praia Áncora-Portugal) e Castro Floxo (Ourense) - Presenta: Xesús Álvarez - Organiza: Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional - Patrocina: Concello de Ramirás. ESPERÁMOSVOS!

ACTUACIÓNS REBULIR PREVISTAS

* 21 de Xuño - Actuación Fin de Curso - Vilavidal * 23 de Xuño - Actuación na Noite de San Xoan ( Barrio do Couto - Ourense ) * 11 de Xullo - Actuación Festival Galaico-Portugués de Praia de Ancora ( Portugal ) * 17 de Xullo - Actuación de Pasarruas na Feira de Vilavidal ( Só Gaiteiros )( Ramirás ) * Xullo - Romeria das Mulleres Rurais ( Só Gaiteros )- A Pontenova * 25 de Xullo - Misa e Sesión Vermout ( Só Gaiteiros ) - Casardeita ( Ramirás ) * 1 de Agosto - Festa do Pemento de Arnoia ( Só Gaiteiros ) - Concello de Arnoia * 20 e 21 de Setembro - Festival Internacional Xuvenil de Aveiro ( Portugal ) * 27 de Setembro - Festival de Baile Tradicional do Concello de Paderne de Allariz * 20 de Decembro - Festival de Nadal - O Picouto Non é descartable que aparezan máis actuacións.

RECTA FINAL CARA A NOITE DE FIADEIRO

Xa estamos nos días previos a II Noite de Fiadeiro, con case todo ultimado pechado. Desde aquí queremos dar grazas a todos os que vos estades interesando polo evento e estades difundindoo. A continuación deixo os enlaces a esas páxinas/blogs onde vos estades a publicar información do fiadeiro. Tamén e os que entrades procurando información sobre a festa, podedes procurala nesta páxina principal do blog, so tedes que mover o rato cara abaixo. Unha aperta e de novo moitas grazas a tod@s - Malmequer - Gaiteiros Galegos - Frouma - Mundourense.com - Grupo Asubio - Blog de Rebordondo - Grupo O Castelo - Xornal Galicia - Diario Folk - Ghastaspista - Terras de Celanova - Blog de Carolinaaldara - Youtube ( Canal Papigil ) - Radio Galega - Lume na Palleira - Cadena Ser - Radio Ourense - Radio Nacional de España - Ourense - TVG - Programa Luar - Vai de Baile - Periódico La Región - TVG - Programa Acompáñanos. Durante esta semana iremos publicando os medios nos que vaiamos saindo