Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Etnográfico de Vila Praia de Áncora

III FESTIVAL BEMT REBULIR

Recordade que o vindeiro Sábado día 20, teremos o III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir. - Hora acceso público: 18:45 h (Acceso gratuíto) - Hora de comezo: 19.00 h - Lugar: Polideportivo de O Picouto (Ramirás) - Participantes: Rebulir (Ramirás), Retrouso de Cela (Bueu-Pontevedra), Brisas do Quenllo (Tordoia-A Coruña), Etnográfico de Praia de Áncora ( V.Praia Áncora-Portugal) e Castro Floxo (Ourense) - Presenta: Xesús Álvarez - Organiza: Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional - Patrocina: Concello de Ramirás. ESPERÁMOSVOS!

GRUPOS DO III FESTIVAL REBULIR

Xa temos confirmados os grupos que participarán no III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, que como ben sabedes desenvolverase o día 20 de Nadal, no polideportivo de O Picouto. Este ano quixemos achegar ata Ramirás grupos de toda Galicia así como do pais Veciño, conformando un amplo cartaz que quedará do seguinte xeito: - E.B.M.T. Rebulir (Ramirás) - Brisas do Quenllo (Tordoia-A Coruña) - Retrouso de Cela (Bueu-Pontevedra) - Etnográfico de Vila Praia de Áncora (Portugal) - Castro Floxo (Ourense) En canto vaiamos tendo mais información xa iremos subídoa para que estedes ben informados/as de todas as actividades que se vaian organizando para vindeiras datas.

CHEGAN NOVAS FOTOS

Actualizamos desta vez con algunhas fotos das seguintes actuacións: - Festas de Casardeita en Ramirás - Festa do Pemento de Arnoia - Festival Galaico-Portugués de Vila Praia de Áncora ( Portugal ) Faltan fotos dalgunhas actuacións, unhas que non se sacaron e outras que inda están por vir como a do vindeiro lúns dos gaiteiros en Ramirás e o 20 e 21 de Setembro no festival internacional xuvenil de Cacia-Aveiro. As novas fotografías atópanse na parte de abaixo da páxina, podedes velas como unha presentación ou pinchando nas mesmas.

DETALLES ACTUACIÓN EN ÁNCORA

Como sabedes o vindeiro Venres a nosa escola desprazaremonos até o pais veciño a actuar na Vila de Praia de Ancora. O programa do día será aproximadamente o seguinte ( pola hora galega ) : 17.00 h – Xuntámonos todos en San Andrés para un ensaio previo. 18:00 h – Saida do Autobús de San Andrés 20:30 h – Chegada a Vila de Praia de Áncora ( Portugal ) 21:00 h – Cea cos demais grupos 22:15 h – Pasarrúas ( 100 metros ) 23:00 h – Festival Galaico-Portugués Vila Praia de Ancora ( O noso grupo actúa de segundo ). Actuamos na Praza da República da Vila ( A que vedes arriba ), dentro do programa da X feira do libro . 1. Muiñeira da Roda 2. Xota Nova 3. O Galo cando canta é día 4. Danza Procesional de Seara Cintas ...

ACTUAMOS EN PRAIA DE ANCORA ( Portugal )

O Vindeiro día 11 de Xullo fumos convidados polo Etnográfico de Vila de Praia de Áncora a actuar como representación galega no festival Internacional que organizan. Nós asistiremos encantados, e ata alá nos desprazaremos o grupo de gaiteiros, o grupo de adultos e o grupo de medianos de rebulir, superando as 30 persoas no escenario. O festival será as 22:00 h ( Hora portuguesa ) e actuaremos en 2º lugar, tras o grupo local. O autobús sairá as 18:00 h da Praza de San Andrés e a nosa chegada está prevista as 20:30 h. Tras a nosa chegada teremos a recepción oficial e cea, para logo facer un pasarrúas e a actuación. Grazas o Etnográfico de Vila Praia de Áncora polo seu convite.