Ir al contenido principal

Entradas

CANTOS DE REIS e chegada das SS.MM. Os REIS MAGOS en RAMIRÁS

RIFAS DE NADAL - NÚMEROS

Os agraciados dos nosos sorteos son: 1º PREMIO  - 437 -  Unha fin de semana (dúas noites) no Balneario de Laias-Caldaria para dúas persoas con tratamento antiestrés. 2º PREMIO  - 845 -  Cesta de productos galegos  3º PREMIO  - 637 -  Lote de productos galegos Quen sexa posuidor destas rifas ten ata o 31 de Xaneiro para recoller os seus agasallos contactando coa organización no Tel. 639 908 005. Despois desta data se ninguén recolleu o seu agasallo daremos o premio como deserto. Boas festas, e grazas pola colaboración

IX FIR_2014 - Festival Internacional Rebulir

Entramos na semana de desconto cara a que será a IX edición do FIR (Festival Internacional Rebulir). Nesta fin de semana entre o 19 e 21 de Decembro poderedes disfrutar de múltiples propostas de Cultura tradicional chegada de Aragón, Castela e León, Portugal, Senegal, e por suposto cunha ampla delegación galega. A Gala central terá lugar o Sábado 20 as 19 h. no Polideportivo de O Picouto, sendo o mestre de cerimonias Miguel Ferreiro. Nesta tarde os colectivos ofrecerán aos visitantes o mellor da súa gastronomía, e por suposto as músicas e bailes propios. O padriño deste 2014 será o presentador Xose M. Piñeiro (Superpiñeiro), e tamén cabe destacar a colaboración do grupo Puntada sen Fío que fará a súa aportación musical. Tedes toda a información dispoñible na web habilitada a este respecto:   www.festivalrebulir.com , e como adianto deixamosvos o Vídeo Promocional deste IX FIR_2014.

REBULIR EN CASTALLA (ALICANTE)

O Grupo de Adultos de Rebulir, xunto co grupo de música tradicional e pandereteiras da asociación desplazarase na vindeira ponte de Decembro (Do 5 ao 8) ao Festival Estatal de Folclore "Danses i Cançons de Castalla" en Castalla (Alicante). Este é un festival que organiza o grupo local e patrocina o Ayuntament de Castalla.  O colectivo representará o folclore galego e ourensán nesta mostra, que ten a súa gala central o Sábado día 6, pero que consta de máis actividades paralelas nas que participará a delegación ramirense.  Agradecer ao Grup de Danses i Cançons de Castalla o convite para visitar terras valencianas,  así como as facilidades para que o noso desprazamento. Ben seguro será un bonito viaxe e viremos cargados de recordos e experiencias.

XA A VENDA AS RIFAS DE NADAL DE REBULIR

Xa temos a venda as Rifas de Nadal. Este ano veñen máis cargadas que nunca, e por tan só 1 Euros podedes gañar: 1. Coincindindo coas últimas tres cifras do primeiro premio da loteria de nadal = 2 NOITES DE ALOXAMENTO + TRATAMENTO antiestres  para dúas persoas  en Balnearios de cadena CALDARIA. 2. Coincidindo coas últimas tres cifras do segundo premio da loteria de nadal = Unha CESTA DE PRODUCTOS galegos 3. Coincidindo coas últimas tres cifras do terceiro premio da loteria de nadal = UN LOTE DE PRODUCTOS galegos. Se queredes participar no sorteo, e ademáis colaborar co desenvolvemento de actividades da Asoc. Cult. Rebulir podedes contactar con algún dos membros da nosa escola ou ben directamente no noso local.  Grazas por colaborar e moita sorte. 

AMPLIAMOS INSTRUMENTOS

A Deputación Provincial de Ourense ven de conceder unha axuda para a ampliación de instrumentación da Escola Rebulir. Estos instrumentos serán elaborados no Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense que dirixe  o luthier Manuel Brañas. Este conxunto instrumental está formado por pandeiretas, pandeiras e pandeiros de mao que axudarán a aumentar o nivel dos nosos grupos de pandereteiras e tamén a diversificar o seu repertorio. 

REBULIR NO LUAR DA TVG

O grupo de adultos de baile tradicional, con algunha nova incorporación, xunto coas pandereteiras de Rebulir estaremos o vindeiro Venres día 24 de Outubro no programa Luar da TVG. Desta vez  bailaremos a Muiñeira de Esperanzo.  Sempre é un placer actuar no Plato 1000 de Montouto, esperamos que vos guste o que vos temos preparado.