Ir al contenido principal

IX FIR_2014 - Festival Internacional Rebulir

Entramos na semana de desconto cara a que será a IX edición do FIR (Festival Internacional Rebulir). Nesta fin de semana entre o 19 e 21 de Decembro poderedes disfrutar de múltiples propostas de Cultura tradicional chegada de Aragón, Castela e León, Portugal, Senegal, e por suposto cunha ampla delegación galega.

A Gala central terá lugar o Sábado 20 as 19 h. no Polideportivo de O Picouto, sendo o mestre de cerimonias Miguel Ferreiro. Nesta tarde os colectivos ofrecerán aos visitantes o mellor da súa gastronomía, e por suposto as músicas e bailes propios. O padriño deste 2014 será o presentador Xose M. Piñeiro (Superpiñeiro), e tamén cabe destacar a colaboración do grupo Puntada sen Fío que fará a súa aportación musical.

Tedes toda a información dispoñible na web habilitada a este respecto:  www.festivalrebulir.com, e como adianto deixamosvos o Vídeo Promocional deste IX FIR_2014.


Comentarios