Saltar ao contido principal

Publicacións

MOI PRONTO NOS MELLORES TORREIROS...

Rebulir non pecha no Verán, xa que nos poderedes ver en diferentes festas como: - 8 de Xullo. Romaría do San Paio dos Pitos (Ramirás) - 15 de Xullo. Festas de Vilavidal (Ramirás) - 28 de Xullo. Festas do Picouto (Ramirás) - 1 de Setembro. Festas de Escudeiros (Ramirás) - Setembro (por confirmar datas) - Festas e Festival do Ecce Homo (Noreña - Asturias) - Setembro (por confirmar datas) - Festival Nacional de Folclore (Móstoles - Madrid)  Como vedes, non vale parar !! E seguro que irán aparecendo aínda máis saídas... 

CAMBIO SAÍDA

RECORDADE!! Que a saída prevista para o Museo do Pobo Galego e Aquapark de Cerceda quedou programada para o Sábado día 23 de Xuño co seguinte programa: 10:00 h. - Saída de Vilavidal 12:00 h. Visita Museo do Pobo Galego 13:30 h. Comida no parque de Bonaval 16.00 h - Acceso a Aquapark de Cerceda 20:00 h. Regreso para Vilavidal CONFIRMADE AS PRAZAS !!!! Quen xa pagou que diga se ven ou non e quen se queira engadir que avise. O TOPE DE PRAZAS É DE 50  

EXPLICAMOS A NOSA EXPERIENCIA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O director da nosa asociación foi convidado pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, para participar nas III Xornadas de Innovación Educativa no Medio Rural o vindeiro Mércores día 13.  Participaremos da mesa redonda "Asociacionismo e Educación Social" e na mesma explicaremos a nosa actividade como entidade con sede no Concello de Ramirás, e cunha filosofía que vai máis aló de impartir clases de música tradicional, senón como unha asociación que pretende ser un núcleo dinamizador da contorna.  Grazas aos organizadores por contar connosco.  Máis información en : https://sites.google.com/site/xornadaseducativasrural/

FESTA V ANIVERSARIO REBULIR / PECHE DE CURSO

Amigas e amigos rebuldeir@s, Como ben sabíades algúns neste curso cumprimos V anos de traballo... (e no Verán xa cumpriremos VI), e queriamos facer unha festiña para celebrar con todas as persoas que están, estiveron ou colaboraron con Rebulir neste tempo. A única data dispoñible e que ademais coincide co peche do curso son os días Venres 8 de Xuño e Sábado 9 de de Xuño. Vai ser unha festa con moito de tradicional pero tamén con unha parte lúdica importante. Para APUNTARSE as actividades debedes reservar e PAGAR antes do día 6 de Xuño no local de Rebulir ou ben por ingreso en conta bancaria. VENRES día 8 de Xuño  FESTIVAL de Peche de curso CEA DO V Aniversario (camiño do VI) no Restaurante O Retiro de Vilavidal. Esta cea é aberta a tod@s os membros, amigos e familiares de Rebulir. Menú (12 Euros) - Embutidos e queixo - Empanada - Churrasco con patacas - Ensalada - Postre - Auga, Refrescos e Viño - Licores Menú d@s nen@s (8 Euros) - Embutidos e...

AGORA TAMÉN NO TWITTER...

Desde fai uns poucos días, Rebulir tamén está no Twitter, podedes seguirnos en @RebulirEBMT Outro espazo máis para que podades ver os nosos movementos... 

VENRESPIRAR 2012

Voltaron os Venrespirar a cidade das Burgas,  e este día 31 de Marzo tócanos aos rebuldeiros poñer parte da música, e Alexandre Sotelino levará o Baile.  Animádevos a pasarvos O Venres  a partir das 22:30 h.  pola tetería Grandola de Ourense. Graciñas aos compañeir@s de Algaravía e AOFT Gomes Mouro polo convite, sempre é un pracer !!! Aló nos vemos que promete boa !! 

VI NOITE DE FIADEIRO

Presentamos a páxina web da VI NOITE DE FIADEIRO onde xa imos tendo algunha información desta edición da festa.  www.noitedefiadeiro.com   Ide reservando a data do 28 de Abril nas vosas axendas festeiras !!!