Ir al contenido principal

Entradas

A VERBENA DO RELLA 2026

Chega unha nova edición da Verbena do Rella a Ramirás ! A cita será o 4 de Xullo de 2026 e teremos un amplo programa de actividades durante toda a xornada. UBICACIÓN:   https://maps.app.goo.gl/7LiPKZsJVmLLurzC6  INSCRÍBETE NOS OBRADOIROS PREMENDO AQUÍ     ( OBRADOIROS COMPLETOS , Se te anotas será para crear LISTA DE AGARDA ) CONSULTA O TEU RABUÑA E GAÑA Se queres vir en AUTOCARAVANA recomendamos dúas zonas para poder aparcala, aqui che deixamos as ubicacións: ZONA 1 (Máximo 5 Autocaravanas):  https://maps.app.goo.gl/hMBQEvMg9gJPWS3M6 ZONA 2 (Máximo 10 autocaravanas):  https://maps.app.goo.gl/NW5VXDSgWXMQbzWP6 IMPORTANTE: A organización NON se fai responsable do aparcamento, reserva e mantemento do espazo. Agradécese o civismo e o coidado do medio rural. 

CANTAMOS O MAIO 2026

INSCRÍBETE AQUÍ NESTA ACTIVIDADE (25 prazas por orde de inscrición) :   PREME AQUI   

CONVOCATORIA de ASAMBLEA XERAL ordinaria 2026

Por esta vía, convócase ASAMBLEA XERAL  ordinaria da Asociación Cultural Rebulir para o día: 11 de Abril de 2026 20:15 h Polideportivo Municipal de O Picouto (Ramirás)  ORDE DO DÍA: 1. Aprobación do acta anterior (15 de febreiro de 2025) 2. Informe da directiva  3. Aprobación, se procede, das contas da Asociación do ano 2025 4. Rogos e preguntas No caso de delegar a asistencia deberase entregar un documento acreditativo que así o indique marcando o voto en cada punto da orde do día.  IMPORTANTE: Nesta xuntanza só poderán participar os socios/as coas contas ao día e coa matrícula de socio/a para curso 2025-2026.  Asdo, O Secretario Roy José Ochoa Domínguez Vto e Prace: A Presidenta  Sandra González Sousa. 

CONVOCATORIA Cartel Verbena do Rella 2026

  Bases do Concurso de Cartel A Verbena do Rella 2026   A Asociación Cultural Rebulir convoca o Concurso de Cartel da Verbena do Rella 2026, co obxectivo de seleccionar a imaxe oficial que representará a próxima edición deste evento cultural e festivo.   1. Obxecto O obxectivo deste concurso é a selección do cartel oficial da Verbena do Rella 2026, que será empregado para a promoción e difusión do evento en diferentes soportes impresos e dixitais.   2. Participación Poderán participar todas aquelas persoas creadoras, artistas ou deseñadoras que o desexen, tanto de maneira individual como colectiva. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, sempre que sexan orixinais, inéditas e non presentadas previamente a outros concursos. No caso de participantes menores de idade, deberán seguir as intrucións que aparecen na parte de datos (punto 5). 3. Características das obras As propostas deberán cumprir os seguintes requisitos: O cartel ...

Certame IDENTIFIC-ARTE 2025

A Asociación Rebulir convoca o certame IdentificARTE baixo o soporte das axudas de Iniciativa Xove da Xunta de Galicia. Logo do éxito de anteriores edicións cunha alta participación, os creativos e creativas da Comarca de Terras de Celanova están de novo chamados/as a facer as súas propostas.  Velaquí deixamos as BASES da edición 2025 PARTICIPANTES  CATEGORIA ABSOLUTA (maiores de 12 anos): Poden concorrer todas as persoas maiores de idade que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade. No caso de menores de idade (entre 12 e 18 anos, deberán aportar unha autorización das persoas titoras) CATEGORIA INFANTIL (menores de 12 anos): Poden concorrer todos os/as nenos/as que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade. Deberán aportar unha autorización das persoas titoras. A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. TIPOLOXÍAS DE TRABALLOS 1- Fotografía. Poderán presentarse instantáneas de espazos naturais, lugares emblemáticos, patrimonio material...

CURSO 2025-2026 - AC REBULIR

No Curso 2025-2026 Rebulir estará de 20 aniversario. Con tal motivo prepararase un programa especial de actividades ao longo de todo o ano.  Asemade, e como ven sendo habitual, impartiranse na Escola de Baile e Música tradicional as disciplinas de: Baile tradicional, Gaita, Percusión, Canto e Pandeireta e Acordeón. As aulas serán os Venres e sábados. Os horarios, profesorado e detalles serán comunicados nun acto de PRESENTACIÓN que terá lugar o venres día 26 de setembro de 2025 ás 20:00 h . no Salón de Actos do C.C. do Picouto (Ramirás)    As prazas nas diferentes actividades son limitadas, por tanto, se queres facer RESERVA da túa praza debes cumplimentar previamente este formulario. Debes saber que teñen prioridade as persoas matriculadas en cursos anteriores e os/as familiares de socios/as de Rebulir.  FAI A RESERVA DE PRAZA

A VERBENA DO RELLA 2025

 Chega unha nova edición da Verbena do Rella a Ramirás ! A cita será o 5 de Xullo de 2025 e teremos un amplo programa de actividades durante toda a xornada. ANÓTATE AQUI no obradoiro de baile PREMIOS "RABUÑA E GAÑA"

CANTAMOS O MAIO 2025 - OBRADOIRO PRANTAS COMESTIBLES

Chega Maio, o mes das flores, e recuperamos a actividade CANTAMOS Ó MAIO. Nesta edición de 2025, e como principal novidade, ofreceremos obradoiros e actividades durante todas as fins de semana do mes.  Velaquí tedes a programación.  ACTIVIDADE DE PRANTAS COMESTIBLES: - Saída de Campo - Degustación de prantas INSCRÍBETE AQUI

CONVOCATORIA ASAMBLEA - PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS

 Por esta vía, convócase ASAMBLEA XERAL da Asociación Cultural Rebulir para o día: 15 de Febreiro de 2025 19:45 h Polideportivo Municipal de O Picouto (Ramirás)  ORDE DO DÍA: 1. Aprobación, se procede, das contas da Asociación do ano 2024 2. Votación á candidatura presentada a Xunta directiva conformada por: - Sandra González Sousa con DNI 44490780V co cargo de Presidenta  - Alexandre Sotelino Losada con DNI  44454305C co cargo de Vicepresidente  - Susana Durán González con DNI 44480457K co cargo de Tesoureira - Roy José Ochoa Domínguez con DNI: 55476392R co cargo de Secretario - Nuria Rodríguez Fernández con DNI 45147974D con cargo de Vogal 1 - Andrea Fernández Estévez con DNI 76735035C co cargo de Vogal 2 - Rosa María Fernández Vieira con DNI 44452783Q co cargo de Vogal 3 - Silvia Álvarez Pérez con DNI 76748226D co cargo de Vogal 4 3. Rogos e preguntas No caso de delegar a asistencia deberase entregar un documento acreditativo que así o indique marcando o vot...

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS 2025

 A Xunta directiva da A.C. Rebulir ten acordado convocar eleccións á xunta directiva conforme se recolle nos estatutos desta entidade. Para isto, os prazos serán os seguintes: PRAZO 1-  Ata o 31 de Xaneiro de 2025 - Presentación de candidaturas  Poderán presentar candidaturas os socios/as coa cuota do curso 2024/2025 pagada.  Deberase formar candidatura con: Presidencia / Vicepresidencia / Secretaria / Tesoureria /  4 vocalías Todas as persoas deberán ser maiores de idade.  As candidaturas deberán enviarse ata as 23:59 h do 31 de Xaneiro ao email    rebulir@hotmail.com cos datos (apelidos, nome; dni e cargo proposto) das persoas    candidatas.   PRAZO 2 - Do 3 ao 9 de Febreiro de 2025 - Proclamación de candidaturas  DIA DE VOTACIÓN  - Sábado 15 de Febreiro de 2025 votación de candidaturas en Asamblea Ordinaria ás 19:45 h. no Polideportivo de O Picouto Nomeamento da nova Xunta Directiva do periodo 2025-2029

REIS MAGOS - Cantos de Reis - RAMIRÁS 2025

 As SS.MM. Os Reis Magos visitarán de novo Ramirás da mán da Asociación Rebulir contando co apoio do Concello de Ramirás e Protección Civil. Chegarán o día 5 de Xaneiro acompañados de paxes e garda real, e farán un percorrido nos seus vehículos oficiais por diferentes núcleos do Val do Tuño.  Neste 2025 as SS.MM. volverán a visitar a Residencia de Maiores de O Mosteiro e a tradicional recepción das nenas e nenos no Centro Cultural O Picouto. Posteriormente, diferentes membros da A.C. Rebulir percorrerán as aldeas e corredoiras da contorna cantando os reis como antano se facía. 

CURSO 2024-2025 en REBULIR

Curso 2024-2025 en Rebulir Cultura Tradicional ! - Acordeón - Gaita - Percusiòn tradicional - Canto e pandeireta (e outros instrumentos de mán) - Baile tradicional - Actividades de lecer Úneste ? Ven o 21 de setembro ao acto de presentación e coñece os horarios, profesorado, actividades e novidades para esta nova andaina. Se non queres quedar sen PRAZA fai a túa preinscrición na seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/vLKmL5b6nn  

A VERBENA DO RELLA 2024

 COMPROBA O TEU RABUÑA E GAÑA VISÍTANOS NA PRAZA DA IGREXA DE SAN SALVADOR (PENOSIÑOS) - VER UBICACIÓN: https://maps.app.goo.gl/6MGwd9FEPnD3NvF5A  https://maps.app.goo.gl/6MGwd9FEPnD3NvF5A  ANÓTATE AQUI ao obradoiro de baile tradicional con Ismael Rodríguez:  https://forms.office.com/e/pGEEFb8Pws

CANTAMOS O MAIO 2024

 Na primeira semana de Maio retomamos a actividade "CANTAMOS O MAIO". O programa de actividades será o seguinte: 1 de Maio Colocación dos Maios nas portas das casas e locais 4 de Maio (Praza de San Andrés, Vilavidal) - 9:30 h. Roteiro “As flores dos maios” - 11:00 h. Animación Musical con Rebulir - 16:00 h. a 17:30 h. Mercadiño Tradi - 16:00 h. Obradoiro de Chaveiros de madeira e Abalorios - 16:30 h. Animación Baile e Música Trad. con Rebulir - 18:30 h. Obradoiro de coplas dos Maios con Alba Faro Saída Cultural a Laza (Levantamento do Maio) 5 de Maio 10:00 h. Saída Cultural a Laza (Eva e Adán)

FIR - Festival Internacional Rebulir 2023

  Toda a información en www.festivalrebulir.info

Certame IDENTIFIC-ARTE 2023

  A Asociación Rebulir convoca o segundo certame IdentificARTE. Logo do éxito da primeira edición cunha alta participación, os creativos e creativas do Val de Ramirás están de novo chamados/as a facer as súas propostas. Velaquí deixamos as BASES da edición 2023 PARTICIPANTES Poden concorrer todas as persoas maiores de idade que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade.  A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. CATEGORÍAS 1- Fotografía. Poderán presentarse instantáneas de espazos naturais, lugares emblemáticos, patrimonio material, arquitectura, paisaxes… situados no Concello de Ramirás ou Comarca Terras de Celanova.  Límite 5 fotografías por candidato/a. Tamaño = 12 mpx. Prohíbese a utilización de efectos, filtros ou retoques. Imaxes en color.   2- Artes plásticas. Esta categoría engloba debuxos, pinturas, deseños gráficos e outras expresións artísticas desta índole. Estas deberán facer referencia a Ramirás de maneira expres...

A VERBENA DO RELLA 2023

O 24 de Xuño chega a Vilavidal no Concello de Ramirás a VERBENA do RELLA. Unha festa que tenta recrear a esencia das antigas reunións lúdicas onde a música e o baile eran o que realmente importaba, sen maiores artificios.  A festa extenderase desde o serán ata ben entrada a madrugada e correrá a cargo de: Os Melidaos, Tanto Nos Ten (TNT), Bouba Pandeireteiras, Os da Pedra Alta, A.C. Brisas Do Quenllo , Lembranza Solpor e Rebulir Cultura Tradicional  Ide gardando a data na vosa axenda porque foliada vai boa ! Velaquí vos deixamos o PROGRAMA COMPLETO

Cantamos ó Maio 2023

A Asociación Cultural Rebulir de Ramirás organizará durante este mes de maio a actividade "Cantamos o Maio". O obxectivo desta celebración é recuperar esa manifestación cultural que en tempos foi celebrada na Comarca de Celanova, tal e como indican algúns historiadores como Clodio González. Así, aúnase a música e o canto tradicional, co culto a natureza. A data  Esta iniciativa é continuidade da proposta nacida no ano 2020 en virtualidade, onde moitos veciños e veciñas da contorna, e socios/as da asociación se suman a convocatoria feita desde Rebulir. Neste 2023, a asociación decidiu ampliar actividades e datas. Deste xeito, a semana pasada desenvolveuse unha visita cultural a festa do Santo Cristo de Laza onde a veciñanza levanta o Maio e onde manteñen unha serie de rituais vinculados a fertilidade. Pero a data con máis programación chegará este sábado día  6 de maio. Así, empezarase as 9:30 h. cun roteiro para recoller o material para facer o Maio. Posteriormente, en dous o...

Visita dos Reis Magos a Ramirás - Cantos de Reis 2023

 As SS.MM. Os Reis Magos visitarán de novo Ramirás da mán da Asociación Rebulir contando co apoio do Concello de Ramirás e Protección Civil. Chegarán o día 5 de Xaneiro acompañados de paxes e garda real, e farán un percorrido nos seus vehículos oficiais por diferentes núcleos do Val do Tuño.  Neste 2023 as SS.MM. retomarán a visita a Residencia de Maiores de O Mosteiro e a tradicional recepción das nenas e nenos no Centro Cultural O Picouto 

Certame IdentificARTE - 2022

A Asociación Rebulir convoca o segundo certame IdentificARTE. Logo do éxito da primeira edición cunha alta participación, os creativos e creativas do Val de Ramirás están de novo chamados/as a facer as súas propostas. Velaquí deixamos as BASES da edición 2022 PARTICIPANTES Poden concorrer todas as persoas maiores de idade que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade.  A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. CATEGORÍAS 1- Fotografía. Poderán presentarse instantáneas de espazos naturais, lugares emblemáticos, patrimonio material, arquitectura, paisaxes… situados no Concello de Ramirás. Límite 5 fotografías por candidato/a. Tamaño = 12 mpx. Prohíbese a utilización de efectos, filtros ou retoques. Imaxes en color.   2- Artes plásticas. Esta categoría engloba debuxos, pinturas, deseños gráficos e outras expresións artísticas desta índole. Estas deberán facer referencia a Ramirás de maneira expresa ou figurada. Límite 5 propostas por candi...