Ir al contenido principal

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS 2025

 A Xunta directiva da A.C. Rebulir ten acordado convocar eleccións á xunta directiva conforme se recolle nos estatutos desta entidade. Para isto, os prazos serán os seguintes:


PRAZO 1-  Ata o 31 de Xaneiro de 2025 - Presentación de candidaturas 

  • Poderán presentar candidaturas os socios/as coa cuota do curso 2024/2025 pagada. 
  • Deberase formar candidatura con: Presidencia / Vicepresidencia / Secretaria / Tesoureria /  4 vocalías
  • Todas as persoas deberán ser maiores de idade. 
  • As candidaturas deberán enviarse ata as 23:59 h do 31 de Xaneiro ao email    rebulir@hotmail.com cos datos (apelidos, nome; dni e cargo proposto) das persoas    candidatas.  

PRAZO 2 - Do 3 ao 9 de Febreiro de 2025 - Proclamación de candidaturas 

DIA DE VOTACIÓN  - Sábado 15 de Febreiro de 2025 votación de candidaturas en Asamblea Ordinaria ás 19:45 h. no Polideportivo de O Picouto

Nomeamento da nova Xunta Directiva do periodo 2025-2029



Comentarios