En Rebulir propoñémosche que retomes as ganas de compartir espazos e tempos en actividades lúdicas. Debemos sentir de novo as emocións que suscita o baile e a música tradicional.
Por iso, iniciamos este CURSO 2021-2022 coa ilusión de recuperar o noso e devolvelo as aulas e ás rúas.
O Sábado 25 de Setembro as 19:00 h. no Centro Cultural O Picouto do Concello de Ramirás teremos o ACTO de presentación de Horarios, grupos, profesorado e actividades para os vindeiros meses.
O comezo das aulas será o martes día 28 de Setembro e o sábado día 2 de Outubro. De novo se manterán todas as medidas hixiénico-sanitarias para velar por un curso seguro.
Comentarios
Publicar un comentario