Ir al contenido principal

REBULIR EN SUIZA

O verán para Rebulir sempre trae moita actividade, e fai que sigamos en activo. Neste mes de Agosto emprenderemos unha nova aventura que nos levará a terras suizas. Desde o vindeiro 14 de Agosto estaremos polo país helvético representando a tradición galega. A primeira parada será en Xenebra onde nos xuntaremos coa Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra, quen amablemente está a organizar os preparativos para a nosa chegada. Posteriormente, estaremos uns días no RFI Rencontres de Folklore Internationales Fribourg (Suisse), un dos máis prestixiosos festivais da Cioff. Xa no viaxe de regreso visitaremos outras cidades francesas onde tamén teremos algún encontros con colectivos galegos. 

Seguro que esta singradura traerá novas experiencias e aprendizaxes que se suman ao noso capital cultural. 





Comentarios