O día 26 de Xuño daremos peche ao curso 2020-2021 cunha Romeria ao noso estilo, con moita música e baile tradicional.
Desta vez, e por cuestións de aforo, só poderán asistir os/as membros da asociación e familiares. O espazo elexido será o Complexo Polideportivo de O Picouto, onde se desenvolverán todas as actividades.
Esta proposta enmárcase dentro do programa IDENTIFIC-ARTE presentado no marco das axudas Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.
Foi un curso complicado pero imos rematalo con bo gusto, e para iso convidaremos a TRES TRISTES TIGRES para acompañarnos.
Comentarios
Publicar un comentario