COMUNICADO Profesorado e Xunta Directiva da AC Rebulir.
O primeiro agardamos que esteades todos/a ben e na medida do posible levando con paciencia este confinamento que nos tocou vivir. O motivo deste comunicado é informarvos das últimas decisións que tomamos o profesorado e directiva da Asociación Cultural Rebulir.
1. En relación ao desenvolvemento das clases de baile tradicional, canto, percusión, acordeón e gaita: Seguirémolas impartindo con vídeos creados a tal efecto e enviándoos polos diferentes grupos de whatsapp. Se algunha persoa non quere recibir os citados vídeos tan só ten que comunicalo ao profesorado e procederemos consecuentemente.
2. En relación a duración do curso 2019/2020: As aulas virtuais manteranse ata mediados do mes de Maio (Sábado 16). Nas últimas dúas semanas (Sábado 23 e Sábado 30 de Maio) tentaremos organizar algunha actividade virtual diferente as aulas que estarán abertas a todos/as os/as socios/as. Neste senso, e dadas as previsións daremos por pechado o curso o Sábado 30 de Maio.
3. En relación as cotas: Poderase solicitar a devolución da cota correspondente ao mes de Xuño. De maneira xeral este reintegro farase a comezo do curso 2020/2021, pero tamén abrimos a posibilidade de solicitalo con anterioridade.
4. En relación as actividades pendentes: A Romaría Rebuldeira e a nova actividade que substituiría a Noite de Fiadeiro quedarán en suspensión ata que podan desenvolverse. De ser o caso, organizaríamos algunha xuntanza a comezo do curso 2020/2021.
Unha vez máis queremos agradecer a vosa implicación e colaboración para facer que esta asociación manteña vivo o espírito que nos viu nacer fai 15 anos que non era outro que tecer redes de amizade e compañeirismo a partir dunha actividade como é o baile e a música tradicional. Agardamos que podamos saír pronto desta situación, e nos vexamos todos e todas, sen excepción, na presentación dun novo curso no mes de Setembro.
Estaremos sempre ao voso dispor,
Xunta Directiva da AC Rebulir e Equipo de Profesorado.

Comentarios
Publicar un comentario