Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2019

ROMERIA REBULDEIRA - Peche de Curso 2018/2019

O vindeiro Domingo día 30 de Xuño organizaremos a tradicional ROMARÍA REBULDEIRA que servirá como peche do curso 2018/2019. Nesta edición contaremos como grupo convidado cos amigos/as do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo, a quen visitamos fai unhas semanas. E por suposto, actuarán todas as seccións da nosa escola, contando con algunha sorpresa. No marco da programación da xornada, que terá lugar no Centro Cultural O Picouto do Concello de Ramirás , tamén teremos xogos para os nenos e nenas, e pecharemos co concerto de XISCO FEIJOO TRIO.

Rebulir vaise a Bilbao

O Oficial de Rebulir desprazarase esta fin de semana, do Venres 21 ao Domingo 23 de Xuño, ata Bilbao (Euskadi) para participar no Santutxu Kolorea, un evento que pon en valor diferentes manifestacións culturais vascas e visitantes. A organización está a cargo dun grupo amigo Gaztedi Dantzari Taldea quen xa nos visitou en tres ocasións no FIR, e quen nos recibiu no seu festival no ano 2011.

CANDIDATURAS PREMIOS REBULIR DA CULTURA GALEGA 2019

As candidaturas poden envialas colectivos ou particulares no formulario que se anexa, sendo a data límite para recibilas o día 15 de Xullo de 2019. Posteriormente, convocarase ao xurado desta edición que deliberará quen son os premiados/as nas seguintes categorias: - Música Galega - Artes Escénicas / Patrimonio  - Homenaxe Ninguén poderá candidatarse a si mesmo/a, ou a un colectivo do que forme parte. Sempre se terá que facer a terceiros e argumentando os motivos que se alegan para a obtención do galardón na súa respectiva categoría.  A Gala de entrega destes galardóns terá lugar o 21 de Decembro de 2019, no Polideportivo do Picouto durante a celebración da Gala Central do FIR. FORMULARIO PARA CANDIDATURAS