Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2016

PREMIOS REBULIR 2016

O Xurado do Premio Rebulir na súa V edición decidiu outorgar ao grupo LEILÍA e a MARCOS PEREIRO E XOSÉ A. TOURIÑÁN os galardóns desta edición 2016. LEILIA leva proxectado a cultura galega dentro e fora das nosas fronteiras, atendendo sempre a rigurosidade e fidelidade coa tradición, pero sen perder de vista a innovación nos seus traballos. LEILIA é un grupo consolidado e que se veu convertindo nun referente no eido, isto xunto cos motivos alegados anteriormente fan destas mulleres dignas receptoras deste galardón na súa V Edición recoñecendo así a súa traxectoria no eido da música tradicional. Tamén, se  decidiu outorgar o seu recoñecemento a MARCOS PEREIRO e XOSÉ A. TOURIÑÁN, no eido do patrimonio oral, polo mantemento, difusión e posta en valor do humor con raigame tradicional e en galego.  O Premio Rebulir de Cultura Galega, nacía no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura tradicional nas súas difere

MATRICULA PECHADA

Estimad@s amig@s. En primeiro lugar é unha honra para nós dar a benvida aos novos socios e socias da asociación que se veñen incorporando neste mes. Deste xeito, queremos comunicar que dada a capacidade da asociación tanto a nivel de espazos, de tempos e de persoal docente non podemos admitir novas solicitudes de alumnado nas disciplinas de baile tradicional (grupos B, A e oficial) e nas de Canto e Pandeireta para o presente curso 2016/2017. Seguirán abertas ata final do presente mes de Outubro as matrículas nas actividades de Gaita e Percusión, e no grupo infantil de Baile Tradicional.  Se algunha persoa ten interese en inscribirse crearase unha lista de agarda para poder acceder as diferentes actividades, e iranse cubrindo as prazas que quedasen vacantes. Reiterar o agradecemento e interese por pertencer a Rebulir. 

HORARIOS CURSO 2016-2017