Para o vindeiro Domingo día 24 o noso grupo de música tradicional ten unha axenda completiña. Empezaremos pola mañá nas festas de San Cristovo en Ribadavia. Alí faremos un pasarrúas desde as 10:30 h. para animar aos veciños e veciñas. E pola noitiña desplazarémonos a Allariz para tocar nos festexos que organiza o Concello desta vila ourensá con motivo do día de Galicia. As 12 da noite tocaremos o himno galego e posteriormente tocará a Banda da Balbina. Grazas a comisión de festas de San Cristovo e ao Concello de Allariz por contar connosco nas súas celebracións.