Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2015

COMEZA UN NOVO CURSO - HORARIOS

CURSO 2015/2016 e Apertura do X ANIVERSARIO

O vindeiro 25 de Setembro , as 20 h. no Salón de Actos do PICOUTO teremos o acto de apertura do Curso 2015/2016. No transcurso do mesmo presentaremos os novos horarios, profesorado, grupos... e como non, todas as actividades que temos programadas.  Neste curso a Asociación Cultural Rebulir cumple os seus primeiro 10 anos de vida , e para elo temos preparada unha serie de actividades para celebrar este fito. A primeira será o X FIR_2015 (Festival Internacional Rebulir), que terá lugar entre os dias 17 ao 20 de Decembro con moitas actividades e convidados especiais.  Ao finalizar este acto, teremos a Asamblea Anual de Socios, onde se farán publicas as contas da asociación, e escoitaranse as suxerencias, críticas e melloras que se propoñan.