Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2015

SEGUINTES PARADAS para AGOSTO

  Hoxe (22 de Xullo) os nosos gaiteiros estiveron tocando de novo en Freáns de Pontedeva para festexar a Festa da Santa Maria Magdalena e acompañar a procesión da Santa. Pero temos un mes de Agosto cargadiño de datas que nos levarán por diferentes recunchos da Provincia, e mesmo a transpasar as nosas fronteiras. - 6 de Agosto - Festas de Xirarga (Beariz) (Gaiteiros) - 9 de Agosto - Festas en S. Salvador de Penosiños (Ramirás) (Gaiteiros e Pandereteiras)  - 14 de Agosto - Festival en Pobladura de Aliste (Zamora) (Grupos oficiais) - 20 - 22 de Agosto - Festival en Corroios (Lisboa - Portugal) (Grupos oficiais) - 23 de Agosto - Festival en Vila Praia de Áncora (Portugal) (Grupos  oficiais)

E Seguimos... imos a Freáns de Pontedeva

Esta fin de semana seguimos coa nosa particular xira de verán, e de novo voltaremos a recaer polas veciñas terras de Pontedeva. Ata alí irá o noso grupo de música tradicional para acompañar a procesión da Santa Maria Magdalena de Freáns e amenizar a sesión vermút o vindeiro Sábado día 18 de Xullo.  Grazas a comisión de festas por contar connosco.  

III Festival Xirondiña - Pontedeva

Un ano máis os amigos e veciños de Xirondiña de Pontedeva convidaronnos ao seu Festival que se celebrará o vindeiro Sábado 11 de Xullo as 20 h. na área recreativa de Freáns. Alí compartiremos escea con grupos amigos como son O Castriño de Rebordechán e As Tarambainas, ademais do propio grupo anfitrión.  Desta vez participarán os nosos grupos da escola xunto con pandereteiras e grupo de música tradicional. Esta actividade enmárcase dentro da Lumeirada do Río Deva onde tamén se contempla unha actuación do grupo folk Muxarega das Pontes.  Quedades convidad@s !!!