Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2015

PECHE DE CURSO E I ENCONTRO C@NTADAS

Chegamos un ano máis ao peche de curso, e para celebrar esta data vimos de organizar un programa de actividades para que socios, amigos e familiares nos xuntemos e poñamos a guinda a uns meses de traballo e boas experiencias. Ao tradicional festival de fin de curso, onde actuarán todos os grupos da nosa escola, este ano sumamos unha nova actividade que é o I Encontro de C@ntadas.  Este Encontro  pretende   dar a coñecer as experiencias, historias de vida, lendas, contos, anécdotas, retrancas... en definitiva, o patrimonio oral da comarca. Para esto contarase coa testemuña de veciños e veciñas das diferentes parroquias, nesta primeira edición participarán:  - D. Jose Ramón Cabano Párroco de Penosiños e Escudeiros  - D. Celso Macias Levadeiro - D. Carlos Méndez Mestre e escritor Tamén fará a súa intervención un dos Contacontos mais recoñecidos a nivel galego e estatal, este é Celso Fernández Sanmartín , que coa antiga arte de contar tentará tranmitir aos present

Un ano mais nos VENRESPIRAR

As nosas pandereteiras volverán un ano máis a participar nos Venrespirar de Ourense. Concretamente será este Venres día 19, a partir das 21 h. na terraza da Cafeteria Mirador de San Francisco, na cidade de Ourense. Alí compartiremos a noite con bos amigos como Candaira, Xuá da AOFT Gomes Mouro, Algaravía...  E pola tarde o noso profe de baile, Alexandre Sotelino será o encargado de desenvolver o Venrespiriño. Esto é, un obradoiro de baile tradicional e xogos para cativos e cativas. Será no Parque das Mercedes a partir das 20 h.  Graciñas a organización por contar un ano máis con nós. 

Empezamos a tempada de Verán

En Rebulir comezamos as actuacións de Verán, e como non podía ser doutro xeito empezamos un ano máis nas festas do San Antonio do Viso (Ramirás), onde sempre é un pracer tocar. Deste xeito, o Sábado día 13 acompañaremos a procesión desde San Andrés ata o Viso e posterioremente animaremos a tardiña ata o comezo da Verbena.  Despois desta, afrontamos unha cargada axenda de eventos: - 13 de Xuño - Festas do San Antonio do Viso (Ramirás) (Gaiteiros + Pandereteiras) - 19 de Xuño - Venrespirar (Ourense) (Pandereteiras)  - 26 de Xuño - Festival Peche de Curso (Toda a escola) - 27 de Xuño - Festas en Pontedeva (Gaiteiros) - 11 de Xullo - Lumeirada do Rio Deva (Pontedeva) (Grupo C + B + A de Baile, pandereteitas e músicos) - 14 de Agosto - Festival en Pobladura de Aliste (Zamora)  - 20 - 22 de Agosto - Festival en Corroios (Lisboa - Portugal)  - 23 de Agosto - Festival en Vila Praia de Áncora (Portugal) - 12 e 13 de Setembro - Festival Infantil de Cacia (Aveiro - Port