Tras chegar de terras francesas nós seguimos coa nosa programación de verán. A primeira parada será no pobo ramirense de Penosiños, onde o Domingo día 10 faremos a animación das súas festas.
Posteriormente o Mércores 13 de Agosto turraremos cara o Festival das Artes Escénicas de Riós onde os nosos músicos e cantareiras farán unha verbena ao estilo máis tradicional, animando aos presentes a unirse ao baile.
Posteriormente entre o 15 de Agosto e o 1 de Setembro tomaremonos unhas merecidas vacacións e a asociación pechará a súa actividade. Deste xeito colleremos forzas para comezar un novo curso durante o mes de Setembro.
Comentarios
Publicar un comentario