Ir al contenido principal

REBULIR DE VIAXE EN FRANCIA

O Colectivo Rebulir desplazarase entre os días 17 e 22 de Xullo a Francia para participar no Festival Internacional Folklores du Monde en Sant Vincent de Tyrosse. Este encontro está organizado por Lous Crabots de Semisens e conta co recoñecemento de IOV (International Organization of Folk Art) e atópase na rede Festivals du Sud.

Rebulir será o representante de Galicia compartindo escenario con grupos de diferentes localizacións xeográficas do mundo como: Francia, China, Euskadi... entre outros. 

Desde Rebulir queremos agradecer a Lous Crabots o convite realizado, para nós será un pracer e unha honra poder participar neste prestixioso festival.

Máis información en:


Comentarios