Ir al contenido principal

MONOGRÁFICO DE AFINACIÓN E TEMPERO DA GAITA con DANI BELLÓN


Un novo monográfico chega a Rebulir, desta vez dirixido aos gaiteiros. A finalidade deste novo espazo formativo será aprender e optimizar certas estratexias que permitan controlar a afinación e tempero da gaita galega. 

O mestre elexido é Dani Bellón, un dos máis recoñecidos gaiteiros da música tradicional galega. Ademáis de posuir o grado oficial de Gaita, conta con máis de 40 galardóns as súas costas entre os que destacan o Constantino Bellón(3 ocasións), o Gaiteiro de Soutelo (4 ocasións) e o Trophee Macallan de Lorient no 2003. Destacar tamén que no ano 2010 foille concedido o título de "gaiteiro maior de Fene", ademáis de poñerlle o seu nome ao Aula de música do IES de Fene. Incluso no ano 2011 recibe a insignia de ouro de "amigo da cultura celta". Na súa labor docente destaca a creación xunto con Diego Maceiras da escola "Bellón-Maceiras" a cale leva formado a ducias de alumnos nos derradeiros anos. Por último, destacar que tamén a súa faceta como compositor, algo que o levou a impartir cursos por tod aa xeografía autonómica estatal e mesmo internacional (París, Buenos Aires, Lorient, Barcelona, Madrid, Ponferrada, Lugo, Santiago de Compostela, etc). Se queredes ver toda a información da súa traxectoria podedes visitar a web www.danielbellon.com 

A incripción neste curso abrirase o día 19 de Maio, para o cal haberá que cubrir un formulario on-line nesta mesma web e facer o ingreso da matrícula correspondente. 

Para calquera dúbida ata daquela podedes enviarnos un correo a rebulir@hotmail.com

Comentarios