Ir al contenido principal

TRABALLAMOS XUNTOS REBULIR, FURAFOLLAS E XIRONDIÑA

As Asociacións Furafollas de Oroso (A Cañiza), Xirondiña (Pontedeva) e Rebulir (Ramirás); asinaremos nos próximos días un convenio de colaboración  para desenvolver proxectos en común e así beneficiarnos conxuntamente. 

Todos os colectivos compartimos a mesma idea en torno a recuperación, difusión e posta en valor da cultura tradicional e do movemento asociativo, polo que nos pareceu coherente facer forza para traballar xuntos por estes obxectivos. Establécese así unha rede de traballo mancomunado asentado sobre os piares de relacións de amizade xa consolidadas. 

O primeiro dos encontros será o vindeiro Xoves día 1 cando se formalizará o acordo entre @s amig@s dos Furallofas e Rebulir, todo no marco dunha comida que se celebrará no local dos primeiros en Oroso (A Cañiza).

Este convenio non está pechado, e pretende incorporar a máis asociacións e grupos que queiran sumar esforzos neste senso. 

Comentarios