Ir al contenido principal

EXPOSICIÓN. UNHA FIESTRA A NOUTRORA: Fotografías antigas de Ramirás e comarca.


O vindeiro Sábado 9 de Abril  as 12:00 h da mañá, inaugurarase a Exposición: "Unha Fiestra a Noutrora, Fotografias Antigas de Ramirás e Comarca", na sala multiusos do Centro Sociocultural de O Picouto (Ramirás).  A mostra estará composta por 60 instantáneas recollidas no III Concurso de Fotografía Antiga, que se organizou desde esta asociación, ademáis a sala estará ambientada con apeiros de labranza antigos e outros elementos de carácter etnográfico.

Durante este acto tamén será presentado o Cartaz e o Programa da V NOITE DE FIADEIRO, que se celebrará o vindeiro 30 de Abril. Ao final do acto, convidarese aos presentes a un viño galego e uns petiscos.

Comentarios