Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2011

EXPOSICIÓN. UNHA FIESTRA A NOUTRORA: Fotografías antigas de Ramirás e comarca.

O vindeiro Sábado 9 de Abril  as 12:00 h da mañá, inaugurarase a Exposición: "Unha Fiestra a Noutrora, Fotografias Antigas de Ramirás e Comarca", na sala multiusos do Centro Sociocultural de O Picouto (Ramirás).  A mostra estará composta por 60 instantáneas recollidas no III Concurso de Fotografía Antiga, que se organizou desde esta asociación, ademáis a sala estará ambientada con apeiros de labranza antigos e outros elementos de carácter etnográfico. Durante este acto tamén será presentado o Cartaz e o Programa da V NOITE DE FIADEIRO , que se celebrará o vindeiro 30 de Abril. Ao final do acto, convidarese aos presentes a un viño galego e uns petiscos.

MONOGRÁFICO. POSTURA CORPORAL NO BAILE TRADICIONAL

O Vindeiro Sábado 26 de Marzo teremos no noso local un obradoiro monográfico adicado ao Baile Tradicional e a Postura Corporal. NON é de Iniciación, polo que se precisa unha certa bagaxe bailadora. Será impartido por Sonia Nóvóa quen leva impartido clases de Danza en múltiples escolas de Galicia e incluso no estranxeiro. Forma parte do Grupo Castro-Floxo co que leva percorrido infinidade de escearios  de todo o mundo. Ademáis, foi coñecida por ter sido xurado do Concurso "Vai de Baile" do Programa Luar. É un obradoiro aberto e gratuíto con límite de prazas , existindo prioridade para os socios de Rebulir. Para anotarse ou solicitar información contactar con nós no teléfono 639 908 005 ou ben en rebulir@hotmail.com . NOTA IMPORTANTE: As clases de Gaita e Percusión pasarían para horario de tarde (a partir das 17:00 h). Suspéndese os ensaios do grupo de adultos, NON os de pequenos e medianos.