21 feb. 2011

VENRESPIRAR 2011

Voltan os Venrespirar a cidade das Burgas. Unha festa tradicional itinerante para xuntarse e troulear os derradeiros Venres de cada mes. Están organizadas pola AOFT Gomes Mouro e o Colectivo Algaravía, nesta edición Rebulir somos co-organizadores ou colaboradores como se queira entender. O caso é que axudaremos no desenvolvemento destas festas.
.
As citas serán as 22:30 h. en ...
- Venres 25 de Febreiro . No Liceo de Ourense.
- Venres 25 de Marzo. Na Teteria Grándola
- Venres 29 de Abril. Na Cafetaría A Efémera.
- Venres 27 de Maio. Na Cafetaría Ollo Ledo
- Venres 17 de Xuño. Na Praza de San Martiño (Bar Miguel) - Venrespiriño (Obradoiro infantil de baile tradicional) e posterior Venrespirar de peche da tempada.

Que non falte a troula nin as gañas de bailar! Quedades emprazad@s para os Venrespirar!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.