16 ene. 2011

OFERTA GRUPOS E ARTESÁNS V NOITE DE FIADEIRO

Ide apuntando a data. Como todos os anos polo derradeiro Sábado de Abril, este ano día 30, chega a Ramirás a Noite de Fiadeiro, que este ano cumpre a súa V edición. Durante toda a Xornada desenvolveranse actividades de diferente índole animando o pobo, pero o acto central da festa, O Fiadeiro, chega pola noitiña cando bailadores, músicos, cantadores, regueifeiros... se xuntan no torreiro de San Andrés para disfrutar xuntos coma se facía antano.

Se queres vir participar con nós como grupo de música tradicional, podes enviarnos a túa solicitude cos seguintes datos:

* Nome do grupo:
* Tipo de grupo: (Pandereteiras, gaiteiros...)
* Número de participantes:
* Lugar de procedencia:
* Teléfono de contacto:
* Enderezo electrónico:

Tamén abrimos a posibilidade da instalación de postos de venda artesáns (coiro, olería, madeira, prendas, comida, bebida, doces...) nese caso a ficha sería a seguinte:

* Nome do representante:
* Teléfono de contacto:
* Lugar de procedencia:
* Producto de venda:
* Nome da empresa/posto:

( A organización resérvase o dereito de seleción dos postos, conforme a filosofía da festa. )

Estos datos podedelos mandar ao correo rebulir@hotmail.com ou ben por enderezo postal a:

Asociación Rebulir
Praza de San Andrés s/n. Vilavidal
32810 - Ramirás (Ourense)

DATA LÍMITE: 6 de Marzo

Da nosa conta vai a paparota, o viño, os licores e mesmo auga (de darse o caso), da túa vai desfrutar da festa!!

Para calquera dúbida ou aclaración das condicións podedes contactar con nós no 639 908 005. QUEDADES EMPRAZADOS PARA A V NOITE DE FIADEIRO!!!!

1 comentario:

  1. Moitas grazas pola invitación. Lamentablamente nesas datas non estamos.
    Saudos dende Compostela

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.