24 ene. 2011

CARTAZ V NOITE DE FIADEIRO

Neste 2011, ao cumplirse a V edición da Noite de Fiadeiro contaremos cunha ilustradora de luxo para a realización do cartaz anunciador da festa. Ela é a arousá NURIA DÍAZ, licenciada en Belas Artes e actual gañadora do premio Pura e Dora Vázquez de ilustración. Nos seguintes enlaces podedes visitar os seus blogs e ver algúns dos traballos que desenvolve:
Desde Rebulir queremos agradecerlle a autora o interese mostrado polo proxecto. Esperamos con moitas ganas ver a súa obra que con toda seguridade nos sorprenderá moi gratamente.

16 ene. 2011

OFERTA GRUPOS E ARTESÁNS V NOITE DE FIADEIRO

Ide apuntando a data. Como todos os anos polo derradeiro Sábado de Abril, este ano día 30, chega a Ramirás a Noite de Fiadeiro, que este ano cumpre a súa V edición. Durante toda a Xornada desenvolveranse actividades de diferente índole animando o pobo, pero o acto central da festa, O Fiadeiro, chega pola noitiña cando bailadores, músicos, cantadores, regueifeiros... se xuntan no torreiro de San Andrés para disfrutar xuntos coma se facía antano.

Se queres vir participar con nós como grupo de música tradicional, podes enviarnos a túa solicitude cos seguintes datos:

* Nome do grupo:
* Tipo de grupo: (Pandereteiras, gaiteiros...)
* Número de participantes:
* Lugar de procedencia:
* Teléfono de contacto:
* Enderezo electrónico:

Tamén abrimos a posibilidade da instalación de postos de venda artesáns (coiro, olería, madeira, prendas, comida, bebida, doces...) nese caso a ficha sería a seguinte:

* Nome do representante:
* Teléfono de contacto:
* Lugar de procedencia:
* Producto de venda:
* Nome da empresa/posto:

( A organización resérvase o dereito de seleción dos postos, conforme a filosofía da festa. )

Estos datos podedelos mandar ao correo rebulir@hotmail.com ou ben por enderezo postal a:

Asociación Rebulir
Praza de San Andrés s/n. Vilavidal
32810 - Ramirás (Ourense)

DATA LÍMITE: 6 de Marzo

Da nosa conta vai a paparota, o viño, os licores e mesmo auga (de darse o caso), da túa vai desfrutar da festa!!

Para calquera dúbida ou aclaración das condicións podedes contactar con nós no 639 908 005. QUEDADES EMPRAZADOS PARA A V NOITE DE FIADEIRO!!!!

8 ene. 2011

RETOMAMOS...

Tras estas datas nas que nos tomamos un descanso dos ensaios (que non de actividades), retomaremos o funcionamento normal o vindeiro Sábado 15 . Este día comezarán tamén as clases de canto tradicional con Mar . Recordade que hai dous grupos:

* Grupo B - De 16:00 h a 17:00 h
* Grupo A - De 17.00 h a 18:00 h

E non paramos porque comeza a conta atrás cara a V Noite de Fiadeiro, que se celebrará o 30 de Abril. Xa estamos argallando cousas para que este ano sexa un chisquiño mellor que o anterior.

Non vale parar compañeir@s !!

1 ene. 2011

CANTOS DE REIS E CHEGADA DAS SS.MM. OS REIS MAGOS

As SS.MM. os Reis Magos de Oriente chegaran a Ramirás o vindeiro día 5 convidados pola nosa Asociación e o Concello de Ramirás. A comitiva irá integrada por paxes e servintes dos Reis, así como gaiteiros, músicos e cantadores que lles darán a benvida. O programa que seguirán será o que a continuación se describe:

16:00 h - Visita ao Centro Xeríatrico residencial de O Mosteiro

17:00 h - Animación Infantil no Centro Sociocultural de O Picouto.

17.30 h - Recepción Oficial no Centro Sociocultural de O Picouto. Aquí adicaránlle unhas palabras aos máis cativos e escoitarán as súas peticións para esa noite.

18:30 h - Recuperación dos Cantos de Reis por diferentes pobos de O Concello.

20:30 h - Despedida das SS.MM.

Un ano máis e visto o éxito do pasado ano, tentaremos recuperar os Cantos de Reis, que xa parecian esquecidos neste Concello Ourensán. Así iremos casa por casa entoando pezas típicas desta época do ano, pedindo aguinaldo, que en moitas ocasións é económico e noutras é o convite a un viño e un pedazo de rosca.