Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2010

VENRESPIRAR 2010

Os amig@s e compañeir@s de Algaravía e Gomes Mouro convidannos aos... Venrespirar 2010!!! Comezan de novo, os Venrespirar en Ourense!!! Festas itinerantes de música e baile, organizados por "Algaravía" e "AOFT Gomes Mouro". Realízanse en diferentes locales da cidade de Ourense e coinciden este ano, no último venres de cada mes (comezan as 22:30) Estas festas están abertas a toda a xente que queira vir e participar, xa sexa tocando, bailando, cantando ou simplemente tomándolle algo e disfrutando do ambiente Quedades todos convidados a vir e participar O 1º este venres 26 de febreiro (últimos venres de cada mes) Febreiro....... Grándola Marzo......... Liceo Abril........... Efémera (Neste Rebulir e máis os Jalos d´Antioquia poremos a troula) Maio...........ollo ledo Xuño...........efémera

PIQUICO FARÁ O CARTAZ DA IV NOITE DE FIADEIRO

O pintor Vianés Angel M. Rodríguez, máis coñecido como Piquico, será o encargado da elaboración do cartaz da IV Noite de Fiadeiro. Podedes ver parte da súa obra nos seguinte enlaces: - O seu curriculum - Pinturas sobre o Entroido - Pinturas Desde Rebulir queremos agradecerlle ao autor o seu interese polo proxecto. Esperamos con moitas ganas ver a súa obra que ben seguro nos sorprenderá gratamente.