Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2010

RIFAS A VENDA

Xa temos a venda as RIFAS de Nadal , coas cales sorteamos unha CESTA DE PRODUCTOS ELECTRÓNICOS (Cámara dixital, equipo de sonido, rato, memoria dixital, microfono...). Un pack completiño. Por tan só 1 Euro podes mercar a túa e así colaborar a financiar as actividades que facemos desde a asociación. AVISO: Na semana próxima presentaremos o cartaz do V Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional.

REBULIR PARTICIPA NO OUTONO FOTOGRÁFICO

Rebulir colaborará co Outono Fotográfico que organiza a Casa da Xuventude de Ourense, co patrocinio da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2010. Desde o día 16 de Novembro ao 11 de Decembro estará aberta ao público no Centro cívico da rúa Colón de Ourense a exposición "Unha ollada ao pasado. Fotografías antigas de Ramirás e comarca", que coordinará Sandra González Sousa. Como ben sabedes esta exposición está composta dalgunhas das instantáneas recollidas nos concursos de fotografía antiga, convocados por esta entidade nos últimos anos. Se queredes máis información sobre a exposición podedes visitar o seguinte enlace: http://www.outonofotografico.com/2010/spip.php?article84&lang=gl

REPORTAXE NO VIDA

Aínda que con retraso aquí tedes o reportaxe que o Suplemento Vida do Xornal La Región publicou con motivo do acto de Apertura do curso e a entrega de premios do III Concurso de Fotografía Antiga.